Presentación

EQUITACIÓN DE XIS é unha revista cultural en lingua galega e portuguesa de difusión gratuita a través da rede aberta a colaboracións externas. As súas páxinas recollen traballos de cultura universal: historia, ciencia, poesía, literatura, feminismo, arte, costumes, tradicións, música...

EQUITACIÓN DE XIS publica traballos de divulgación cultural, e artística emprestando especial atención á relación entre o tema proposto e a súa vinculación con Galiza. Tamén serán benvidos aqueles estudos procedentes das identidades culturais agrupadas na lusofonía.

EQUITACIÓN DE XIS comeza a súa andadura no ano 2010 con carácter trimestral (inverno, primavera, verán e outono). É iniciativa dun grupo de traballadores galegos no ámbito da cultura e é independente de calquera entidade académica, comercial e universitaria que trata de aproveitar as posibilidades de inmediatez e acceso a novas vías de información abertas pola edición electrónica.

A dirección de EQUITACIÓN DE XIS é colexiada entre os seus colaboradores internos. As súas seccións serán renovadas coa frecuencia que establezan os seus colaboradores internos, externos e os seus lectores a través das súas contribucións.

EQUITACIÓN DE XIS está aberta á participación de todas/os, non xa só polo seu acceso libre, se non pola posibilidade de contribuír á súa construcción nun espazo de propiedade colectiva.