NON á GUERRA!

                       NON á OTAN!

NON ao XENOCIDO do POBO PALESTINO!

LIBERDADE para ASSANGE!

A violencia “civilizatoria” segue presente, nada cambiou. A vítima converteuse en verdugo e a mentira é unha arma de guerra máis. Asistimos ao xenocidio do pobo palestino dende a covardía que nos brindan as pantallas. A linguaxe converteuse en imaxe paralizadora incapaz de construír o “nós” para empuxarnos á acción. Quen di a verdade, como Julian Assange é considerado espía e na súa defensa, os seus compañeiros de profesión calan miserablemente.

Os traballos presentados neste número foron publicados na primavera de 2006 na revista ELO10, en solidariedade co pobo iraquí que aquel tempo estaba a sufrir a barbarie da invasión de EEUU e os chamados países occidentais. Daquela os nosos compañeiros utilizaron como vehículo de expresión o denominado como NET art e o ASCII art para facer chorar as palabras e as imaxes afastándoas de calquera perturbación causada pola estética da beleza e mostrar a crueldade da realidade sen máscaras.  


55