Alfredo Fillar
TEQU (ilustración)
TEQU (ilustración)
Cruceiro na Colexiata de Xunqueira de Ambía |
continuación
ollo pechado e terminal
cortesía sen imaxinación
botar unha ollada sen ilusión ao ceo
ser fondo e terra
ser unha tapa baixo o camiño
cesta e inferno ser submarino
indemne ao camiño pero monstro con esta vida
ter pelo enrellado
miseria de ser famoso e a medida
do deus do triunfo e de epopeas circulares
el ten unha cor en pequeno baixo un gris fermoso
cortesáns embaixo da avalancha
da cobiza do Ser soamente un
sublimar o salto beber para ser tan enxebre
tendeiro de poemas da soidade
pelando o riso teatro da felicidade
ser outro para cruzar calea cara o descoñecido
reloxo sen agullas que parta cara luminosa estrela
camarada e tarde sen xustillo extravagante aceno
a equipaxe entre os actos levados en viaxes
vetados por espléndidas teas de araña
rato/gato por bestiario
preparación sorprendida na madeira
rubí do reloxo do corazón
na mármore do razoamento
ninguén tornou da guerra do dédalo
de España ven o don da depilación
a herba morre cunha filloa o redor
dos traballos centralistas con ela
que tiña gusto de ser apertada polo frío
así voa pois unha posdata crónica
abril dos raposos de papel
queimados no buraco necesario
un contrabandista está a abrir os caixóns
de ocasión cheos de grelos
as etiquetas efervescentes
eu cos templos que adoro
as bandeiras que teñen nomes pequenos
da guerra na boa aixada
da biblioteca o que diferencia
cunha toalla no criterio dun inmigrante
cidade de intelixencia coa fita vermella
co detrimento do amor
e non coas figuras que contén
todas as actividades bancarias
co argot xudeu empillou
as roupas negras dos trapos
da intoxicación difícil dos afeizoados
do porvir e as dixestións lentas
da aprobación do diñeiro
fora do escorregadoiro elástico
no sangue do sol e o pesar enxebres
dos psiquiatras españois
e os non plus ultra felices das mans
monstruosos xeladores do acróbata
do negro da confianza pública
do mundo para pagar o seu alugamento
o que lar asombra o amor
ser en derrota e muller en amor
buscar o perdido diamante
el ser indubidábel e necesario
non para un arrastrar anatómico
pesado camión pesar
ou facer unha anticuada tenda
fermoso lugar para ser
soster-se con ela
sendo remuíño e continuar coa súa arma
vostede saber que eu necesito
a perspectiva para ser néboa e un
extremo para ser cadea
néctar desatento e motor
barco a medida que é xacemento
consecuencia da un estereoscopio
prolongación nun café turco
para ver tremer a chuvia caída suavemente
entre o futuro tormento o borboriño
necesidade para a luxuria
soño exacto noite e útil
enerxía nun espello similar
preso contra a parede sen pano
ollar en hora ausente sen indiferencia
para ser cruel para os ollos garantidos
e pequenos que a cadea sinistra
e infeliz entra en silencio
no borde da zanca dos soños
bohemios por pouco por silandeira
a candea caeron pouco durmidos e xirando
zumbando ao horizonte a felicidade capsulada
do lugar en lugar de pór o lume
nos cocoteiros da Ciencia
os que están nos outros círculos
e o mar lanza no ar as ideas
dos adornos que equiparon aos homes
da sociedade dos polígrafos ..........
Final
Colexiata de Xunqueira de Ambía |