Cando ... a isca

 Leonardo Santalla; Xacobe Dais (ilustracións)


Esta limitación das sombras mediveais escorregando na paciencia da auga salgada

 O primeiro intre

indicounos cas mentiras

 se ocultaban debagar

entre os ollais da camisa do Príncipe Valente

todos os anos perdíanse entre días

miolos de ferradura

cando

as primeiras mulleres que se deixaron penetrar

polos elefantes indulxentes

estaban a ser amestradas



polos silencios dos inexactos e esmerilados soños

dos nenos indefensos

cando

as montañas

do sincopado soño que tiña unha esmeradísima muller

cando

se dedicaba á súa casa

mentres esperaba a que o seu home chegase

para crestala coas súas frustracións

de cotidianidade endemoñada

estaban todos tan felices de se atopar co seu futuro

que ningún se dera conta

de que non podía seguir este estado de animo

contaminándoos

co seu perigoso filme

de desexo e anoitecer