Seminaristas persignando-se e comendo lagosta

Alfredo Fillar
TEQU (ilustración)

Igrexa de Santa María de Vilanova (Allariz). TEQU

continuación
7
Vivindo nos modernos Hiper
temos o xeito romántico dunha mentira
apiñados como mercancías con esmero
somos acollidos favorablemente
boas mexalleiras e deliciosas confusións
que nos estrangulan como momias inacabadas
do tamaño dunha sotana de cura antigo
o que nos fai a vida moi agradábel
pero acabase burlando un verme branco
nas relvas que serven para medir a amabilidade
destinguida da nosa incapacidade
non se desespere ante tamaña estafa
o remorso é un acto tan ridículo
co teu novo salto de cama es un erro rosee
as marcas do encanto
ao teu o redor pasarán das metáforas
a revelación ten que partir o tempo
tempo de gloria e brincadeiras tan á moda
non máis lecer para reexaminar o silencio
a casa gasosa amortece as cubridas azuis
que dormen nos desarreados das horas e o seu reflectido
a comisaria inanimada do ceo
que se apoia nunha osmose complexa
na dixestión dos teus xugos gástricos
elástico salto artificial da ra
na vida diaria os microbios das lavadoras
se aferran ás señoras como un selo de correos
postais que che lembran hoxe a miña cara
somos amigos das ondas radiais
nos latexos cambadas dos mualos
se deteñen os doutores facendo cortes na terra
competición insípida por atinxir o paraíso
pagando os recibos dos amestradores
despois de morrer non é fácil deixar de respirar
coa torneira profesional adherida á póliza
dando grandes pasos do brazo da débeda
sentados na butaca dos argumentos publicitarios
incrustados nos ollos inxectan indefinidamente
aos pulmóns narcóticos do sacerdocio
se puxeron en crequenas o redor dos días
cando algúns días se sintan na túa cama
a vida infantil dos mortos
as gafas das mulleres que morren ao sol
nas historias do reloxo mecánico de sol
nácara que se opón á súa cor para ter máis cor
un amigo meu quere ter todas as chaves
múelle para seguir pensado da mesma maneira
o mesmo encantamento para ver algo descoñecido
ceo para vivir desenganado
que felicidade seria ter un para ser algo
infalíbel sentido olor
e para saber para vivir como intre
señora espida longo silencio
sopro puño oso para colocar o sol
nun fino nariz gripal
eucalipto nun sóutao
ser necesidade de ir a ve-lo
ocultar amazonas nunha igrexa
paxaro chuvia mar para solidificar o trabe
ter cara de morto para confundir a intelixencia
resurrección nun camposanto
motor dentado lanterna sen luz
esgotado tirador da infancia
monstruosa roda xigantesca
conmemoración do sal
o teatro é un carriño de neno
as mans fan que os significados
sexan como unha limoada marcando o paso
un sorriso agradábel entre tanta mercancía
marcando de praceres e desexos


8
le o meu libro pequeno
que fai despois o amor diante da cheminea
na decoración nova de goma
na visión da dedicación
que a sabedoría marca na boa cociña
para progresar nos medios que se divirten
con temor do arame unha sedela para meter présa
os sexos provocan un estoupido da riso
os sorrisos modernas ilustres do pintor
no seu talento que é utilizado para o outro
axente da entrega de encantos
que equipan nunha beleza fatal
que son a ocasión máis fermosa nova
alarma para dar volta á parte posterior
a vida ten o seu propio calcañar
todo nun estilo sen ideas distintas
a verdade aparece miserábel
diante de espazos pechados
un sombreiro é esgotado ou valoroso
e a lúa entra por encima impacientemente
no outro enderezo da máscara
a acción das intencións peladas
que son TALLOS de nacemento
e ESPASMOS cun baño de vapor
el fai Toxinas
pasa pouco admirábel cos baños de vapor
mentres espera a hora perdida
con cara seria
a intelixencia como bateporta
o corpo vibra sen dicir unha palabra
volverei como se o ar inmobilizado da gordura
ao abrigo de excesos fose pago por min
contacto da aventura da felicidade sensual
das caricias pequenas do gusto
están en prazo as grandes intencións previstas
gloria aos meus amigos
para que se asemellen a unha casa nova
con un pozo negro do luxoso
en medio da costa do aperitivo
seda dos ideais previsíbeis
para os cruzados intestinais do amor
embaixo do veu do olor formal dos romances
que sempre colocan o sol nunha cidade ao mediodía
demostración flegmática dos lazos
dos acenos dos centros da realidade
a tranquilidade da violación
un sombreiro de palla de acacia
oculta o pelo da cama das guindas
e nas paredes e nas noites terriblemente felices
estes sitios pasean na decencia dos riles
alá habita o mundo do lexislador
das boas conciencias que o tempo castiga
a secretaria persoal do embaixador da pementa
empregada no estudo das plantas maritais
reelixidas co contraditorio e estéril
martirio da demolición dos praceres
nas tostadas pobres das ruínas
tira os aneles desenganados no mar
no lugar onde se enlata o leme das parroquias
o metal da máquina de coser esquecida
divirte-se con ollar o luxo contido
nun gas casado coa saia do curtocircuíto
na boca do champaña incendian-se bifurcacións
gabadoras da realidade do futuro
nos coxíns de cristal de xenófobos altruístas
depositan os seus dentes embaixo do lixeiro
disparo dos alaridos enganchados
na cama onde se atopou a cesta
nupcial para se rexeitar así mesmos
dous desertos onde o amor se abraza
coa mentira luxosa do futuro común
no éxtase apalpo o sorriso das súas bocas
fai calor na alcoba infinita do esgotamento
continuará