A túa dereita

Claudia Queiruga
Xan Seom (ilustracións)


Tras o ferir coa súa lanza


bendita a sorte

e se lle comes a súa lingua
nós estamos de pé
mostroulle a muller
        feita de chuvia


unha póla de oliveira dende unhas penas
chegou até as miñas mans pois non é roubado
                                o imposíbel con má fama
tamén vasillas quitadas das brasas como as súas caricias
                                                          co rostro estranxeiro

entón esparexeu polo chan o leito quente da carne
                               a man atopábase á túa procura