Na Carballa da Rocha

 EQUITACIÓN de XIS


A Carballa da Rocha atópase no concello de Rairiz de Veiga (Ourense) e forma parte da reserva da biosfera da Área de Allariz. Tratase dun carballo duns 500 anos que convive con outras árbores tamén centenarias que quedan dunha antiga carballeira que medraba na beira da Lagoa de Antela. O toro ten un perímetro na base de 820 centímetros que se vai abrindo até os 7 m de altura en dúas pólas de grandes dimensións que chegan aos 33 metros de altura.

A carballa foi declarada Monumento Natural pola Xunta de Galicia en 2007.


                              > > > Galería fotográfica < < <