O
papel esencial do número 7 foi explicado de diversos
xeitos.
Remontase
xa aos coñecementos astronómicos dos babilonios, que contaban 7 planetas (contando o Sol e
a Lúa, xa que eles só habían identificado cinco planetas reais: Xúpiter, Venus,
Saturno, Marte e Mercurio). Dividían tamén o ciclo luar en fases de 7 días. E é preciso ollar aquí a orixe da semana.
Na
Biblia dise que a creación do mundo foi realizada en 7 días, que Xosé interpretou o sono das 7 vacas gordas e das 7 vacas fracas.
O
ano sabático ocorría cada 7 anos e cada un de cada 7 era xubilar.
O Apocalipses cita 7 igrexas, 7 anxos, 7 cuños e 7 pragas. Na teoloxía católica hai 7 sacramentos, 7 pecados capitais, etc.
A
antigüidade clásica coñeceu os 7
sabios de Grecia, e as 7 marabillas do mundo. O 7 era consagrado a Apolo.
Os
alquimistas vían unha relación misteriosas entre os 7 planetas e os metais .
Sol= ouro
Lúa= prata
Xúpiter=
estaño
Venus= cobre
Saturno=
chumbo
Marte= ferro
Mercurio=mercurio
O
meu traballo vai co 7
dos remendos.