camiña o seu esguello

Xeila Enar (texto e ilustracións)




a vaca sagrada e a escarola do pan non poden semellarse á ameixa do frío


dous estadullos temorosos da cidade tibetana mandan unha forte aperta sobre a casa cunha pantalla azul e vermella non pode aparecer coa brancura do pan e o mar

ábrense coas franxas do presaxio en remuíño e en estanques para o sombreiro da esquina onde a pedra se pecha na sala recen iluminada do coral o seu sombreiro non podía recuar máis e a ausencia do horizonte a escarola nas mans do esparro abriu as pernas como a lanza con puño de quenlla onde o delfín xamais se atrevera a pisar e a neve a descifrar de pronto como un reloxo do lóstrego a agulleta do coral


divisase tan preto da mañá un alfil a xanela os saltos camiñando cos ollos da leituga a destreza da tartaruga fai imposíbel o baile da lura co linguaxe no fondo do mar mentres unha cadeira se come un caramelo mentres o arqueiro aparece cada ano ollando a agulla dos minutos que fai imposíbel a mentira en medio da bacanal dos balcóns

e agora xace rosicler con sollares enzoufados de vento

o trenzado e os sentidos das nubes afastan máis a casa ao pasar o cego ante o acuario dos acordeóns entre discursos das cadeiras ao mediodía