Edén de zinc quentado na corda abstracta


Leonardo Santalla
Tana Riszar (ilustracións)



Ese azul dese labirinto, o tránsito outra vez distante. Golfo onde as letras atópanse espidas como a lúa reclamando o seu suspiro. (Tania Riszar)



1


a  botella coas asas vermellas do esperma en flor
os meus transos do calendario o engano cósmico
da esperanza inútil disolvese
abrasou a candea das miñas cadeas posíbeis
teño a maneira dos agregados dos organismos exemplares
á pesca do agasallo microscópico dos deuses
do pretexto e da burla
capítulo balsámico onde está igualado na comodidade
dá a pista do corazón e do dubidar
a astucia do tendón


2


cos seus dedos contraídos o traspasar
e o escalope como os ollos
a lapa convida a abraza-la

Fíquese baixo a cuberta
O cuspo publicitario do mediodía
calea factura
factúraos
as campás das igrexas están bébedas


3


ves á cova do desexo da insania temíbel
a liorta da auga
e seina espida dos viaxeiros
son o agasallo que sinala a ponte do abismo
virá un verso en forma de supositorio a aprenderche
como se acariña o corpo humano
lagañas afastadas como periñas
de todos os incendios o outono vibra entre as árbores
baixo a preguiza do asasino


4


dedos de xiz e de cabelo baixo a area
peixes famentos do desexo xogando a ser bosque
a túa es a única curva capaz de ser ponte e verso
onde apiñar a bascula do tremor da caricia amoblada
e esta certeza toma a forma dun glaciar de velenos
é danza e azar súbito do encontro
hei aquí o músculo do meu desexo que explora e que ri


5


Sentado na escada
atrapado no calor que cae
e agachase tras esta cortina de mazá

Danza familiar do crucifixo e o linguaxe
vertixe do froito salino do amante
que se achega como o barco e o fume
amargo da gasolina derrama
da nas agullas do lago
os pescados labrados no reloxo
son o ascensor e o ouro das moscas emprendedoras:
os disparos



6


a néboa inxectada no teu perfume
sangue que pon sementes na nosa vista
levidade do licor opaco
cansada danza dos cadaleitos
mecanización  imprevisto
multiplicadas páxinas nos pólas pelados e grises
de aterrorizadas veas das cousas
que saltaban coa distancia
que vivo os intervalos da morte subterránea



7


liberado das aprobacións e da franqueza
as madas desvergoñadas dos sofás
que conectan as pedras dos pensamentos
á area da menta indefinida
branca deformación que evita a culpabilidade
baixo luz iracunda da malicia
a capa que se sentaba no tellado da hospitalidade


8


baldes de tea e de folla que acentúan a escusa
das catro paisaxes e a diversión do postes concretos
a prensa da construción internado
polo xardineiro da natureza
xaspe do sangue
aquí hai unha cervexería e un globo
coa tentación espontánea da subsistencia do ventre
silencioso pescado enorme
que as outras cores son as figuras que saltan
do carrusel mentres que cada un
ven a ser pano


9


as vontades domesticábeis
amábel cunca fervor universal
unha lámpada de lapa verde
e a penetración coidadosa
na estación da simetría
o vento varreu a maxia dos ríos
e perforei o nervio co lago cristalino
xeado fragmento

Saber do mentira
a danza das táboas redondas
das galerías preto do colisión
o cóctel sobrio da paz


10


do novo tremor da mármore
da saída do sol
caixa e trote do equilibrio
da cálculo do enzopelo
loita das cortinas
co paso aceirado da conxuntivite
rede e engano marítimo
anunciar a venda do globo
como ocasión
ser lanza e auga
trouxen de satélite azul e culpábel


11


vento para ser caracol
el
vender plumas de avestruz
venda sensación avalancha
carro azoute traballo
do embaixo mar e deserto
desaparecer en ocos de ar
con unha decoración de lama
ser impulsor e rodicio
traer untado á graxa excedinte
do valor como futuro
pergamiño perfumado
por pastillas que incontábeis
para uso xeral
matriz para as tripas
diñeiro circulación en vea
reloxo exposto á precisión
desexo para desertar



12


mastigar
gorxa pequena letra emposta a lapa
algunha pinga imperceptíbel
ausencia no espello
o diafragma do telegrama
que anuncia a chegada de cada grao
telégrafos fríos secos
en min a densidade do amor
para encher a canción do antílope
no cinceiro de tinta india


13


para os fumadores de algas
e do interrogante dos filtros
o crime do cabalo engrenaxe
das invencións dos inventarios
dos imáns que amarran aos dados
do leme o sóprete das pingas
que ten o bigote axiomático
e que o latín se ocupa do lazareto
do nó das crocaduras
do cadradiño de sucre que engabuña
na atracción do Capricho do tétanos
moldaxe do zapato e das provisións fósis
feitas de fendas de ereccións
filtrou polo tórax do saco querido
dos ataques dos prognósticos
da mostra do debidamente admirado


14


a Cruzada e a memoria ximnástica
da función do ola
emite
cortesía inevitábel do autómata respiratorio
os avances da hora no oso
e os rastros das marcas de carradiñas
a menta de antracita
do tabaco
dos xesos
do aceiro
do sal
proba que os novos desembolsos do corazón
son o meu carro febril
cabalo de alugamento dos extractos
e catro sarcásticos crápulas
macabros na choza
embaixo dos acuedutos das apostas


15


nas cordas brancas
de atraente meia-noite
receben a mulleres
ecos de latón impermeábel
do bulbo fose do caucho
do obsceno quilómetro
os engrenaxes subterráneos
o alto pretexto da frase


16


sensuais
da proxección frixa
dos desexos marítimos
en nobre diagonal celestial
e emendado no seu corpo
gravado das feridas cruzadas
lanzadas na cesta do aliño
mede a dozura
calculaba en cartas
escorrentou a conca fina
da pílula durminte
do metal erróneo



17


debilidade da araña
balde inferniño
a campá do arxilento
cuco autodidacta e amorno
co suor da humidade
o cacao e outros licores cerebrais
subverte nos crisois do tremor
mentres que as frecuencias
cultivaron no ecuador
o familiar da camiñada
da guillotina
do enxeño do purgatorio
dos carros


18


avisa á grande época
o amor do xendarme
que pisa o martelo tancrédico
e o xeo deitase embaixo da onda
amábel sae calea
nobre Lazo santo de María
a Virxe dos resumos
da lámpada de belos atúns
os diminutos o redores das figuriñas
da aorta ganso do amañecer
berra o cristal do diaño
encima da miña razón


19


entre dúas pipas e a cor da rosa diagonal
baía da oración
para o augardente frívolo do pexego
a cruz pasea para ancorar
as cremalleiras embrionarias do fiador do violoncello
do armazón azul do espello dos cociñeiras
e dos atallos da diverxencia usurpada ao lapis


20


as lámpadas hipnotizadas
da mina de sal
fai que se descolore
a tose do zodíaco a boca das demostracións
un monstro que o seu cerebro de cristal calcinado
aquí é verdade
os escaparates do imán cordial
se asemellan á tartaruga
se mergulláronse no trapo do tempo
sen a oposición ao perfume inicial
ás especulacións do cabalo
seina
as vocais imóveis dos dentes
nos carrís da unidade
exclúen o espectáculo da siña


21


deidade das escadas
nas refraccións do pulmón
os cristais do desvelo
as combinacións inútiles
unhas escaldan a trasnos
para que o viño e as caricias
do comediante astuto
segaren o imán á insensatez