Que che faga abrir a boca

Manoel Toural Quiroga
Bautista Pó (ilustracións)


e en calquera parte hai alguén que olla
sendo copa baleira e negación


Alí ela apértate ata esa calor que estrañas
existencia si á pegada que bebe talvez da sensación
cando en realidade entre dous momentos de amor
non seguías estando sobre a alfombra deste espazo
debuxado polo tempo

Queremos que sexa o berro de estar aquí
espidos respirándonos de amor
ollándonos como o deus dos froitos
e inmortais como xanelas abertas