A vida é simple

Rafael Toural Dapoza
André Vilela (ilustracións)

  
naces...

          A vida.


A vida é un cúmulo de experiencias,
demasiadas negativas
erros na súa maioría,
tropezóns, falta de soño
falta de días pisando chan
vida é estar cada día mas preto do ceo
do final do teu voo
a vida é un charco
de bágoas
é un cúmulo de rimas
algúns poucos de risos
demasiadas pesadelos
demasiadas estelas
demasiadas vistas na túa vida
moitas horas nun día
vida é a miña cama
é a miña irmá
a miña inimiga
a miña musa, o meu deus
vida é tolemia
esquizofrenia
é un pouco de amargura
é días de insania
de paranoia
é demasiada vertixe
vida son amigos
amigos son polo que vivo
proxectos, planos, soños
demasiados bocexos
moitas persoas distintas
vida é delirio
é o meu maior repto
vida é ser adulto
é ser por sempre un neno
é vivir nas nubes
é treboada no meu orbe

É..

Todo iso que me atorda
todo o que me ocorre
todo o odio que me cobre
a tristura en luceiro
as bágoas que os meus ollos descobren con desexo
e as miñas letras describen...


Vida é palabras que me matan
loitando na miña gorxa
esta vida busca unha vía
vida atopa o papel
vida é un mar de tinta
é un corazón que latexa
conexións neurais
futuro imprevisíbel
presente impresentábel
pasado inesquecíbel, inevitábel
feridas que doen
que acostuman
cicatrices fiquen
vida é xogo de malabares
dun Bufón con corazóns no ar
esta vida é un substrato sen enzima
é oportunidade única perdida...

2004 

base-----------------------------gang starr, mass apeal