Sabemos nós
son eles
tratamos de ver a flor
A vida nas palabras
todo isto
tamén fala
dos nenos da lembranza
acordo
neste dozor ao que chamades silencio
A vida lédeo
eu presinto que todo é forma
que na vosa boca hai novos sentidos
Isto vén de lonxe
sabíao
o froito intermedio da forza do amor
coma se fose feito
imaxe de soños inventados
Manteste agora
tan afastada dos portos
e paseas sorrindo
cando sabes que xa viches
a todos os pesadelos
sobordar sobre a
muralla da distancia