cos ollos abertos todo era latexo
perdeu como a punta o imán
o sorriso do ar a dicha de ser mar
azul triste como un ollo sedento e culler
afán ferido cucaña do saber
escintileo nocturno da sombra
dous séculos espiñentos neste deserto de
ignorancia
ese instante final mudo onde os pescozos son
cervos
o amor a fresca distancia á que respondes cos
teus zapatos
baleiro e silencio que vacila intentan os asasinos ser a metáfora
unhas mans apertándose unha planta sen flores
tan mesquiña
paxaros eternos que aínda non existen beizos
de silencio
doce serenidade da luz hora carnal sen
preguntas
homes ás e preguntas alma que nunca existiu
era fermoso o son do piñeiros alporizados do solpor
nas túas mans ondas aquí perfume dunha carne
tan viva