Na busca do Dolmen de Queguas

Equitación de XIS

Excursión de lecer ao dolmen de Queguas.





A Anta da “Casa da Moura” constitúe un dos dolmens máis espectaculares da Galiza, tanto polo seu tamaño como pola súa localización. Atópase a uns 1200 metros de altitude na serra de Queguas e moi preto da raia con Portugal. Dende o alto, agárdannos a Serra do Xurés e da Peneda Xerés, os montes alomados que forman o extremo meridional da Serra de Leboreiro, lugares onde pastan cabalos salvaxes e vacas “cachenas”, e onde nos vixía O Penedo de Anamán, un bloco granítico espectacular. 

Chegar ao dolmen bríndanos una excelente oportunidade de facer un precioso camiño que discorre dende o lugar de Queguas, polas chamadas “cortes da carballeira”, a ermida da Nosa Señora da Ascensión, escoltada por un carballo de grande envergadura, escenario dunha tradicional romaría que se celebra no mes de xullo. Aquí podemos repousar e beber unha moi boa auga nunha fontiña o seu carón. Logo podemos continuar subindo… 

O dolmen aséntase na chaira do Alto das Sete Laceiras

11 de Agosto do 2011 
Concello: Entrimo
Parroquia:Venceáns (San Tomé)