Lírica medieval galega: AIRAS "CARPANCHO"

Equitación de XIS

TEQU (ilustracións)

Ponte sobre o río Tinto entre lugares de Teo e Brión



O nome completo deste trobador sería o de Airas Fernándes "Carpancho", de segundo se recolle en dous documentos: un datado en 1230 no que semella aínda estar activo, e o outro o do seu testamento, datado en 1237. A súa vida terá decorrido así entre ca.1170 e ca.1240.


Os estudos máis recentes sobre o autor, que xa non o son tanto, datan do final do século XX e dos principios deste XXI. Entre todos os traballos, quizás o máis importante sexa o publicado en 2004 na Revista de Literatura Medieval por Xosé Antonio Souto Cabo e Yara Frateschi Vieira: "Para un novo enqadramento histórico-literario de Airas Fernandes, dito "Carpancho".

De segundo Souto e Frateschi, o espazo vital do trobador pódese enmarcar nunha área xeográfica comprendida entre Laxe-Compostela-Rianxo. Así, e moi probable que fose natural de Santiago de Compostela ou redores. Por exemplo en Balcaide (Teo), rexístrase unha das posesións familiares máis extensa. Sería Fillo de Fernando Pais e sobriño-bisneto do arcebispo compostelá Diego Xelmirez. Tivo dous irmáns (Adán e Nuno) que estudaron en París, sendo Adán clérigo e poeta en latín. Éste escribira "varias sátiras contras as mulleres e sobre a virtude do dinheiro".

Pola referencia á casa dunha tal D. Constanza que Carpancho fai nunha das súas cantigas, despréndese que tería frecuentado a casa de Dona Constanza Martíns, esposa de D. Munio Rodeiro, meiriño maior do reino de Galicia entre 1239 e 1252, y en cuxo círculo, mera conxectura, sería probable que teñan ocorrido algunhas das primeiras experiencias poéticas medievais en galego.

Ao noso entender atopámonos ante unha obra que caracteriza ao autor como culto e elegante tanto na súa composición como na descrición conceptual dos seus elementos poéticos. Coidamos que Carpancho e un noble posibelmente moi popular entre os círculos da media nobleza pola súa participación na vida social compostelá do momento. Nas súas cantigas descrebe de forma certeira a situación da muller da época pertenecente a unha estructura acorde ca clase social do trobador, describíndoa cunha extraordinaria elegancia e sen ningunha ambigüedade.

Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa

Pois que se nom sente a mia senhor
da coita em que me tem seu amor,
mia morte mui mester me seria.
Se sempr'hei d'haver atal andança,
cativo!, que nom morri o dia
que a vi em cas Dona Co[n]stança!

Pois o d[ormir] e o sem perdi,
Nostro Senhor, como nom morri,
como morre quem nom há proveito
de morrer e se queria vivo...?
Mais eu, que por sandeu [e] tolheito
and', e como nom morro, cativo?

 
Cancioneiro da Biblioteca Vaticana
























Por fazer romaria pug'em meu coraçom
a Santiag'[ir] um dia por fazer oraçom
e por veer meu amigo log'i.

E se fezer [bom] tempo e mia madre nom for,
querrei andar mui leda e parecer melhor
e por veer meu amigo log'i.

Quer'eu ora mui cedo provar se poderei
ir queimar mias candeas, com gram coita que hei,
e por veer meu amigo log'i.