Cadeira con fame

Manoel Toural Quiroga
(texto e ilustracións)
  


No ira a túa sombra até estar escrita nos silencios que fan a guerra e son estancia sen presente.



A falta dun cinceiro nas entrañas do mundo
a multiplicación das formas que rexen os soños
rexen animadamente na negrura da cabeza perruca
ate a sorprender na escritura do tempo
breve infinito das súas olladas
tanta dita
anacronismo
o súa inexistente carrapuchiña
que vos xuntaba aos prismáticos errantes
a ingravidez da piedade secreta
de opresivo e angosto tarabelo dos espíritos
non deixara a manifesta chumbada
e enchido o universo coa xunta
do suntuoso autobús xusticeiro
submundo dos seus atributos
o chamaban polo seu nome
no lavabo no seu cuarto
á espera dos acontecementos musculares
cómo explicarlle era unha manifestación
transcorridos varios meses
aproveitou unha chamada da súa muller
seis anos despois mo contaba
e non se sentía satisfeito daquilo que fixera
que nós sabíamos que non lle conducía a nada
a ser posíbel a nada que o fixese sentir
reconciliada con aquela viaxe facía a tradición
de ter sido un mero convidado á observación da nova guerra
infinito cadro escénico da salvación de almas pusilánimes
o interior de este tiña todas as respostas
mudan de continuo nos soños
fascinadora volta
onde o entorpecedor silencio peneira ao seu o redor
un continuo e simultáneo imán alleo á creación de calquera reconciliación final aluminares abandonados no seu éxodo
alguén fora o novo lector
dos renovados proyectis lanzados en medio
desta oportunidade única de ser mais cruel en cada amañecer
a inmortalizada e fascinadora desolación
estaba nestes momentos
en posesión da súa imaxinación
gravados do Bosco
fixéranlle lembrar todas estas circunstancias inconscientes atrapadas nas súas vellas lecturas de adolescente
ser interrogada esta antiga realidade lle custaría tanto
como se planificase e levado a cabo
un roubo a grande escala do Museo do Prado


El o visitara moi poucas veces á longa da súa vida
pero posibelmente había nas súas escasas visitas
atrapado toda a substancia
capaz de ser combustíbel e utilizada nas súas futuras viaxes
xa sabia que esas viaxes nunca se realizarían
pero  serian novos sentimentos
que adoptando a forma de siluetas
responderían con gozo aos seus silencios internos