Chegar

Manoel Toural Quiroga
Carme Dapoza Bouzas (acuarela)

Agora como dedos, ondas e despeñadeiros peiteándose no balbor dos teus sentidos





aos aloumiños do horizonte urna no vento
voz de bicos é o riso azul principio das ondas
ardente semente da carne loita de fíos da vida
lentamente no desexo sen fin pálpebra de mar e de sol
vivir é un navío na sombra da memoria
forma costa e paxaro ser chan fecundo dos reflexos
ata os teus beizos todo é inocencia da luz

latexo dunha bágoa cos anos a sede
a mota dun corpo espido abrazado no corrente
corazón a voz o resorte que dá forza ante o doce azar
mar un berro que che dá as súas mans soidade do que fago

azul e distancia como a capa dos amantes
case pólvora de pel todo este amor refuxiándose
inventándose co teu rozamento semellante ao da luz
dous golfillos que respiran sen cifras nunha pinga

roda como o máis alleo sempre loita e deserto
se a mar os teus beizos de auga salgada principio e celo
onde a pedra é un sorriso con ninguén na súa mirada