Perturbación

Ann Yhammess
Istan Die (ilustracións)

Retrato de Mondrian
Ti es un debuxo que me debuxa
e no bordo angustiado do papel
estarías interrompida.



Equilíbrame silencioso unha visíbel tentación

Como sobrevivente torpe ángulo

E ameazantes as miñas reliquias están a miúdo

Nas miñas entrañas teñen unha impresión contaxiosa
e máis fráxil rendiña con cada día.

A maleta de Vivaldi
O arcánxel do exterminio
está quieto na miña metade do espazo.

Pero danza e até a fatiga na distancia

Pronto disfrazará na trincheira

Da negación a semente dos cartabóns

O beixo meu apetito até o aniquilamento