Bouba da Mada da Ciencia

Manoel Toural Quiroga
TEQU (ilustracións)


A primeira palabra do científico foi: Mama !
Anda, igual ca maioría das persoas !  Respondíchesme.


A última, a penas unha exhalación na que algúns creron recoñecer o nome dun dos seus personaxes literarios preferidos; outros unha grosería; outros un simple, ai ! Prolongado, esforzado e fatal.

Entre ambas palabras houbo unha longa carreira de discursos, publicacións, conferencias, solemnidades, declaracións, vulgaridades, confesións, hipocrisías, falsos recoñecementos, vaidades, palabras de palabras, de odio e de estudada indiferenza.

O home científico pasarase a vida desenredando o labirinto do Todo, como cando un empéñase en desenredar unha mada de fío chea de nos, simplemente porque o fío e os nos están aí, exhibindo  o seu embrollo como un repto, para se decatar ao final de que en realidade cun pequeno extremo abondaríalle para coser un botón.