Lírica medieval galega: Aº GÓMEZ

Equitación de XIS
TEQU (ilustracións)
 
A fortaleza de Sarria (s. XIII)


Xograr de Sarria, lugar de paso e de descanso dos peregrinos medievais a Compostela...



...como testemuñan algunha das súas construcións: a Ponte Áspera, a igrexa de San Salvador (s. XIII) e o Convento da Magdalena (s. XII) erguido como hospital e albergue. Na localidade fican os restos da fortaleza erguida polos Lemos (Castro) e que seria derribada polos irmandiños no século XV. O ter nacido en Sarria quizais nos pode dar "pistas" sobre a formación intelectual de Gomez, ao ter recibido a influencia cultural que durante a Idade Media chegaría a Galiza a través da Rota Xacobea. 

Ponte d´Espera sobre o río Celeiro

Descoñecemos o seu verdadeiro nome, pois nos Cancioneiros só aparece indicado coa abreviatura Aº. Non embargantes por razóns paleográficas e sociolóxicas, o nome de Afonso semella ser o máis adecuado.

Diste Xograr só chegou até nós unha única cantiga, dedicada ao trobador Martín Moxa e que nos permite achegarnos á súa figura para estabelecer certa cronoloxía para deste xeito o relacionar co período final do reinado de Afonso X e inicios do seguinte. Así pois, Afonso Gómez pertencería a unha xerazón posterior á de Moxa.
 
Igrexa do Salvador
A cantiga é unha divertida e elegante sátira do crego e trobador Martim Moxa. Nela o Xograr solazase coa súa lonxevidade, á que atribúe propiedades marabillosas, adquiridas ao ter inxerido algún tipo de "herba máxica". Sería ese o motivo central da súa recriazón; a de vivir tantos anos e non, a de de ser un grande amador (fodedor) ou a de ter tido moitos fillos, motivos estes polos cales fora tan criticado pola maioría. Desta forma Gómez denota un grande espírito "liberal" e independente en relación á opinión xeral, ao separar os motivos do seu regueillo para escreber a cantiga dos prexuízos da sociedade imperantes nese momento.

Nos Cancioneiros, a súa composición aparece ao lado das de Martín Moxa.

No Cancioneiro da Vaticana
 Aº Gomez, xograr de Sarria, fez esta cantiga a Martim Moxa.

                                   Martim Moia, a mia alma se perca
                                   polo foder se vós pecado havedes,
                                   nem por bõos filhos que [i] fazedes;
                                   mais havedes pecado pola erva
                                   que comestes [e] que vos faz viver
                                   tam gram tempo, que podedes saber
                                   mui bem quando naceu Adam e Eva.

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa
Nem outrossi dos filhos barvados
nom vos acho [eu] i por pecador,
senom dos tempos grandes traspassados
que acordades - e sodes pastor.
Dizede-m'ora, se vejades prazer:
de que tempo podíades seer
quand'estragou ali o Almançor?
 
De profaçar [i] a gente sandia
nom havedes por que vos embargar,
nem por que filhardes em vós pesar,
ca o nom dizem senom com perfia.
Dizede-m'ora, se Deus vos perdom:
quando nacestes vós? Ant'a sazom
que encarnou Deus em Santa Maria?




No Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa