está caendo a tarde

Manoel Toural Quiroga
TEQU (ilustración)



como ondas da mar, unhas mans vivas móvenme achegándome



entre os beizos o beixo
pero non se mede a forma
sorrisos esvarando como un saúdo
como unha dorida forma de nós
fuxitiva limitación máis alá de nada
memoria mesma póla na resaca da sombra

tendón do cansazo tan meu só ti
aquí doe tanto almacenar a pele

entrou e hai quen chora
tamén as paredes do ceo aterrecen