Rafael
Toural Dapoza (texto e fotografías)
TEQU (ilustracións)
En resolución:
quen queira coñecer os máis importantes segredos da natureza contemple e
considere en torno ao mínimo e ao máximo dos contrários e opostos.
Giordano BRUNO (1548-1600)
O
estudo do coñecemento ou Epistemoloxía, inícialmente fundamentado na filosofia,
ten a sua orixe nos termos episteme e
logos. A episteme ou coñecemento “científico” opuña-se a doxa ou coñecemento “vulgar” e se
imbricaba a través do logos ou
discurso para construir unha teoria do coñecemento, tal cual entendemo-la na
actualidade.
A
Epistemoloxía entendida como disciplina, estuda como se xera e se valida o
coñecemento das ciéncias. A súa función consiste en analisar os preceitos que
se empregan para xustificar os dados científicos, considerando os factores
sociais, psicolóxicos e mesmo históricos que pudesen entrar en xogo. É dicer,
trata de explicar as relazóns existintes entre suxeito e obxecto
Nese
sentido, podese dicer que a Epistemoloxía ocupase de dar resposta a cuestións de
vital importáncia no campo das ciencias tais como: qué é o coñecemento e qué
proceso de razoamento seguen os seres humanos para estabelecer resultados e
conclusións que subpoñan, en definitiva, un avance no seu “estar” no mundo e se
cadra tamén poder entender como se chegou á comprensión deste entendemento, á súa
comunicación e á súa difusión.
No
estudo de calquera ciéncia é preciso, en primeiro lugar, estabelecer un grau de
distáncia en relación ao obxecto a observar e sobre o cal queremos reflexionar.
No noso caso a Ciencia Xeolóxica como disciplina que pretende entender os
procesos evolutivos da Terra. Dentro deste campo e ao iniciar un estudo
específico, atoparemonos con diferentes graus de complexidade no momento de
focar o obxecto sometido a investigación dando así paso a un proceso de
transformazón e moldeado que nos situará no marco de chegar a estabelecer
pautas concretas que podan deseñar e despexar calquera das incógnitas
planteadas ao iniciar a investigación.
En todo este proceso é imprescindibel
seguir as pautas do método científico, cimento fundamental de calquera teoría
do coñecemento ou Epistemoloxía. Ante iso, o científico xeólogo podese atopar
cos seguintes planteamentos:
1. Canto máis se aproxime ao obxecto
do seu estudo, empregando con destreza as ferramentas do método científico, o
investigador convertiráse na “conciencia lucida” ou se se quer mellor en
manifestación empírica do coñecemento e a súa posíbel transmisión e reprodución
dos seus achados.
2. No seu estudo, tamén podese atopar
na disyuntiva de ter que escoller, por exemplo, o non identificarse co “ponto
de vista” da ciencia do seu tempo, nese caso convertirase nun novo “explorador
crítico” do alcance cognitivo e dos límites da Xeoloxia, da sua metodología,
as súas apostas ontológicas e metafísicas, a sua dimensión axiológica, etc.
onde todo será cuestionado e replanteado para así chegar a un novo marco de
coñecemento.
3. Cando o investigador afastase
todo o posíbel do obxecto de estudo é indubitábel que adquirirá unha perspectiva
máis amplia ainda que sen perder nitidez
terá que adecuarse á perda de certos detalles, sobretodo na parte inicial do
seu estudo. A tarefa científica da Xeoloxia consistirá, de igual forma que en
outras ciéncias, en poder contemplar e estabelecer vellas e novas formas de
coñecemento que contrastará con “sensibilidade conectiva” con outras que xa
existen na súa disciplina concreta. Neste caso, estabelecerá con rigor unha
panorámica máis amplia do complexo proceso humano ao que denominamos como
cultura, unha de cuxas compoñentes fundamentais é a cognitiva.
4. O científico pode mesmo atinxir
un distanciamento todavía maior cando se plantea estudar, nun caso concreto,
comparativamente as grandes tradicións culturais, incluída a científica ou precientífica,
sen comprometerse con nengunha, e atendendo especialmente á dimensión de cada
tradición.
Por tanto, na nosa situación
específica como científicos xeólogos, e ao enfrentarnos á natureza do ámbito xeolóxico,
facemolo sempre selecionando e organizando os contidos e relazóns dunha
disciplina científica empírica, experimental e observacional baseada no metodo
cientifico clásico pero con articulación multitemporal e multiespacial para así
comprender os diferentes procesos que chegan a construir o obxecto de estudo e
as implicacións sociais e históricas que conlleva.
A história da Xeoloxía axudanos a
coñecer cais foron os coñecementos que estaban presentes nos momentos en que se
produciron trocos importantes nesta ciéncia. A súa análise pode permitir
determinar cuáis deses conceitos, procedimentos ou actitudes favoreceron a
reestructuración do coñecemento e impulsaron o seu avance. A história da Xeoloxía
é, en consecuencia, unha boa ferramenta para coñecer o núcleo central dun
certo campo do saber e valorar a potencialidade organizadora e reestructuradora
que atesoran determinados coñecementos.
Así, o método científico aplicado en
Xeoloxia e en calquera outra investigación iniciase coa pergunta "cál é o
problema?" que á súa vez ramificase en novas cuestións, de acordo co
obxecto de estudo: "¿cando?" e "¿onde?". Estas preguntas
permiten estabelecer a perspectiva adecuada do obxecto de estudo en termos de
tempo e espazo, sendo variabeis únicas e estáticas/constantes nas chamadas ciencias
históricas e clásicas, como a física ou a química. Esas preguntas á súa vez,
criarán novas ramificacións: "¿canto?" e "¿cál é a
proporción?", cuxa finalidade é a de estabelecer a medida cualitativa (non
sempre cuantitativa) do proceso, do feito e do obxecto. Non embargantes, a
investigación en Xeoloxía non se limita a descreber, xa que ademais de preguntar
"¿qué acontece?", tamén pretende responder á cuestión: "¿por qué
este problema?". Así, a procura de explicacións move a base de
coñecementos e fai que a investigación empírica se situe en níveis máis altos
de complexidade.
Frontispicio de "Principios de Xeoloxía". Ch. Lyell (1830) |
Non embargantes, foi a hipótese da “deriva
continental” proposta por Wegener en 1912, ao considerar o movimento dos continentes e
oceanos, a que desafiou a imobelidade aparente dos oceanos e continentes
aceitada polo “uniformismo”. Wegener aporta evidéncias fósis, xeográficas,
xeolóxicas e climáticas a favor da súa hipótese. Pero non será até os anos
sesenta do pasado século cando se aportan as probas paleo-magnéticas que
confirman a movilidade dos continentes e o movimento do fondo oceánico, probas
decisivas para resucitar a hipótese da deriva continental e a súa transformazón
nunha nova teoría: a “tectónica de placas”, a cal estabelece que a litosfeira
está fragmentada en placas ríxidas que se moven polos movimentos convectivos do
material do manto terrestre.
Mentres os paradigmas xeolóxicos
focaronse como estáticos -imudábeis-, se nos apresentaban, como mútuamente
excluyentes -irreconciliabeis-. Non obstante, no momento que se consideran en
movimento -dialécticamente-, a contradicción externa desaparece e se traslada
ao seo do próprio proceso, constituindo a fonte do avance do coñecemento
xeolóxico.
Así, a “tectónica de placas” convirtese
nunha teoria unificadora que sintetiza dous paradigmas contradictorios:
catastrofismo vs uniformismo. Coa chegada desta teoría, consolidase unha verdadeira revolución científica no eido da
Xeoloxia. Sen dúbida, estamos ante un troco cualitativo ou "salto",
producto dun prolongado período de acumulación gradual de coñecementos
xeolóxicos, aportados tanto polo “catastrofismo” como polo “uniformismo”.
Deste xeito, cando estudamos o
Sistema Terra como diversos procesos (ou acumulación deles), resulta que no seu
movimento se complementan e se transforman. O “catastrofismo” (lado
revolucionário do paradigma xeolóxico), non pode existir sen a súa contraposición,
o “uniformismo” (lado evolutivo do paradigma xeolóxico), porque a verdade non
está na unilateralidade de cada un dos paradigmas, se non que se atopa na
totalidade do proceso, é dicer, na unidade de ambos paradigmas e posto que o
novo paradigma -teoria da tectónica de placas- é o resultado da duplo negación
dos paradigmas descritos, éste retorna ao ponto de partida, pero a un nível
superior. En definitiva, o coñecemento movese do inferior ao superior e do
simple ao complexo (xogo multiespacial e multitemporal).
Por tanto, o saber científico levámolo
desde o campo da “apariencia”, proporcionada pola sensibilidade observacional
-imobelidade de oceanos e continentes- á substancia -movilidade de continentes
e oceanos- dos obxectos materiais que se ocultan na sensibilidade percebida a
través da “apariencia”.
A “apariencia” (imobelidade) é
contradictoria coa substancia (movilidade), contradicción que sempre xustifica
a investigación científica. Así, a verdade non está na imutabilidade de oceanos
e continentes (apariencia), se non que a verdade atopase na movilidade de
oceanos e continentes (substancia).
O noso coñecemento científico como
xeólogos vai desde a verdade abstracta e unilateral -catastrofismo e
uniformismo- á verdade concreta –tectónica de placas-, co obxectivo de
apropiarse intelectualmente do obxecto de estudo na sua totalidade -Sistema
Terra-
Coa “Tectónica de Placas”, a Terra
apresentasenos como un sistema dinámico sometido a cambios, cuxo funcionamento
só pode ser estudado desde unha perspectiva global. O noso obxecto de
investigación está regulado por múltipis causas que se relacionan e se
complementan.
En calquera caso, esta visión
contemporánea só ten implicacións para a "lóxica xeral da Terra", a
que en contínua evolución seguirá proporcionandonos respostas concretas a toda
unha série de interrogantes que os xeólogos nos planteamos a través da
observazón empírica e obxectiva.