Manoel Toural Quiroga
Bertrand Berthier (ilustración)
Publicado en A Nosa Terra (nº 1350, 2009)
Francisca Garrido González (1846 - 1917) |
Muller de gran porte e cultura.
A compañeira de Mourelo foi a
escritora e tradutora, Francisca González Garrido. Naceu n´A Coruña en 1846,
casou moi nova con Marcial de Adalid. Muller de grande cultura, viviu unha
grande parte da súa vida no seu pazo de Lóngora en Liáns, poboación da que
tomou o nome para a seu pseudónimo, Eulalia de Lians. Tamén foi coñecida como
Fanny Garrido.
Asidua da ópera e dos ambientes
boemios de París, engaiolou pola súa intelixencia e beleza en Europa e na
Galiza. A raíña española, Isabel II, con ocasión da colocación da primeira
pedra da estación do ferrocarril da liña A Coruña-Madrid, en 1858, albiscouna
pola rúa Real e ficou impresionada pola súa beldade. Por esta razón, convidouna
a que fose testemuña do seu casamento.
Máis tarde, casada xa con
Mourelo, inseriuse con facilidade no ambiente científico do seu compañeiro.
Amiga de Cajal e Echegaray. Sería interprete de Mourelo nos congresos
científicos europeos aos que asistiu na súa compaña.
Urbano Lugrís, agasallouna cunha
nota escrita e ilustrada na revista Atlantida.
Dos seus libros, dicía Urbano, que exhalan
hoxe algo como o recendo amábel e quente das vellas mazás ou dos mermelos con
que as nosas avoas recendían a lenzaría albar. Sabemos, que o pintor
impresionista Toulouse-Lautrec, tratou de intimar con ela unha noite no
Moulin-Rouge, sen éxito.
Publicou dous romances e outro
que non chegou a rematar. O primeira, de corte autobiográfico, Escaramuzas (1885), o segundo, A nai de Paco Pardo (1889), e na revista
Galicia de Pardo Bazán, comezou o
romance, por entregas, Batallas que
non ultimou. Destacou como tradutora da obra de Heine e Goethe. Foi correspondente da Real Academia Galega.
Ventando próximo o seu fin,
pediulle a Mourelo que a levase, días antes do seu pasamento, a Galiza. Finou o
11 de setembro de 1917 no seu pazo de Lóngora en Lians.