Don Laque aluga o seu horizonte



Manoel Toural Quiroga (Texto e ilustracións)

Personaxes

DON LAQUE: Un home maior (nos seus 65 ou 70 anos), ben vestido, moi probábel como se houbese asistido a un xuízo e desde entón levando sombreiro.
O SAPO: Mozo e feminino.
A SEÑORA TROMPETA: Cascuda de mediana idade.
CELA: CELA non se semella necesariamente ao coñecido premio Nobel.
TOFFEE DE NATA e CHICLE DE AMORODO: Toffee de Nata sen desenvolver estará encima dunha mesa de cristal, ao lado de Chicle de Amorodo, xa usado. Tanto Toffee de Nata como Chicle de Amorodo son moi coñecidos.
CUARTETO DE TROMPETISTAS DA SEÑORA TROMPETA: Son cascudas recen nacidas, que posiblemente aínda non saben nin xogar.

Hai tres partes nesta obra: A Introdución, O Nó e O Remate. Cada parte debe interpretarse sen interrupcións entre elas.

Durante os diálogos, os referentes serán alleos ao resto dos personaxes. Dará a sensación de que cada un fala de cousas diferentes e que non concirnen ás respostas ou preguntas dos demais. A única excepción a esta individualidade é cando cantan xuntos. Aquí si estarán plenamente integrados os uns cos outros. Don Laque recalcará o "Eu" e o "Nós" en todas as súas intervencións, dunha xeito apaixonado.

A INTRODUCIÓN

(Don Laque entra ate a metade do senario, só)

DON LAQUE (Dirixíndose ao público)
Nós recollemos todo antes de nos ir , non lles imos deixar nada en que ocuparse no futuro, o que nós non faremos será aprenderlles nada que lles guste, o que nós imos a facer é criarlles a necesidade de destruír todas as cruces que levan a custas desde que naceron.

Estéanse sentadiños e púñanse cómodos, Non ollen os seus relos en ningún intre da función, tornaran as súas casiñas tan feituquiñas, cando nós queiramos. As portas foron atadas con cadeas, moi grosas e cadeados de apertura imposíbel.

(silencio de 10 segundos, mentres Don Laque contempla ao público con toda seriedade)

Durante toda a miña vida, utilicei para traballar un periódico que mercaba a diario.
Un Limpador Salgado, bo?
O Antidisturbios,
gañaba moi pouco para ter a man e a pistola tan lixeira.

Eu voume ir á merda moi pronto, de momento estou a traballar en destruír todo o que me obrigaron a construír durante tantos anos de obediencia cega; agora estou un pouco preocupado...
Eu fun un excelente xornalista.

(xirando a cabeza á dereita do senario e erguendo a voz para se dirixir a alguén que se supón, atopa fora da escena)

Podo dicir isto?
Podo mentir se queres, é o mesmo,
(escoitando. O público non escoitase nada)
se iso te sosega...
(ollando ao público)

Dádeme os vosos pensamentos.

(Ficase en silencio durante uns quince segundos)

(Berrando ao público)

Estarán avergoñados de ter tanto sentido común !

Non senten mágoa de ser simplemente espectadores?


O NÓ

(Entran Sapo, Señora trompeta, CELA, levando en brazos a Toffee de Nata e Chicle de Amorodo, colócaos enriba da mesa, un xunto o outro)

(Conversación entre Sapo e Don Laque)

O SAPO:
Hai un tren descarrilado no medio da cama.
Hai unha árbore plantada na almofada,
semellaba como se fose hora punta.
Nós estamos .
A árbore estaba a perder todas as súas follas.

DON LAQUE (Ao público):
Nós recollemos todo antes de nos ir , non lles imos deixar nada en que ocuparse no futuro, o que nós non faremos será aprenderlles nada que lles guste, o que nós  imos a facer é
criarlles a necesidade de destruír todas as cruces que levan a custas desde que naceron.

O SAPO:
A árbore estaba a perder todas as súas follas
- Os membros e a espiña dorsal dos familiares destes señores, non foron tocados,
un burato pequeno no estómago-
do fillo desa señora ( sinalando a alguén do público) pero o seu cranio está intacto.
As súas orellas agora teñen a mesma consistencia que o seu cranio.

(fin do diálogo.)

A SEÑORA TROMPETA
(baixando do senario e paseándose entre o público):

Dálle algún problema a estupidez do seu home?

É vostede rapaza ou rapaz?

Ola?

Quen é vostede?

Ola?

Ten fame?

(Volvendo a súa ollada ao senario) Son uns aburridos.

Volvo a estar empreñada.

CELA:
(Quitase os ollos, os seus, con un coitelo e vainos colocando enriba da mesa).

(Alternativamente abre un periódico e óllao).
Fagan cousas que avergoncen á súa familia e ás súa parellas.

(Unha conversación entre Toffee de Nata e Chicle de Amorodo na mesa.)
TOFFEE DE NATA:
Eses que están aí sentados non deixan de nos ollar .

CHICLE DE AMORODO:
Si, sospeitan de nós.

CELA:
(Séguese quitando os seus ollos co coitelo, parece que ten moitos, e segue colocándoos enriba da mesa).

(Alternativamente abre un periódico e óllao).
Fagan cousas que avergoncen á súa familia e ás súa parella.

Morte aos ollos !

Golsen o seu Futuro !

Digan Non !

TOFFEE DE NATA:
Brotan os trens
muros e cunetas, os fusilados,
produtos farmacéuticos.
100% imperiais.

CHICLE DE AMORODO:
Díganme a verdade; serian capaces de matar ao seu veciño de asento por un cheque en branco? Na función do outro día mostraranse moi a favor.

DON LAQUE (Aparte, escoita a conversación):
Nós recollemos todo antes de nos ir , non lles imos deixar nada en que ocuparse no futuro, o que nós non faremos será aprenderlles nada que lles guste, o que nós  imos a facer é criarlles a necesidade de destruír todas as cruces que levan a custas desde que naceron.

(fin do diálogo.)
A SEÑORA TROMPETA ( segue paseando entre o público):
Dálle algún problema a estupidez do seu home?

É vostede rapaza ou rapaz?

Ola?

Quen é vostede?

Ola?

Ten fame?

Son uns aburridos.

Volvo a estar empreñada.

(Segue paseando entre o público)

Ola?

Quen é vostede?

Ola?

Ten fame?

Son uns aburridos.

Volvo a estar empreñada

(Segue paseando entre o público)

Ola?

Quen é vostede?

Ola?

Ten fame?

Son uns aburridos.

Volvo a estar empreñada

(Moi enfadado, DON LAQUE e o SAPO paséanse moi apresa polo senario.)

DON LAQUE (Falado casualmente á audiencia):
Damas e Cabaleiros,
neste punto faremos un descanso na obra.
A acción retomarase dentro dunha hora,
se vostedes queren estirar as pernas ou urinar,
este é o momento de o facer .
Séntanse libres de escoller o que máis lles conveña.
Pero xa saben que non poden saír da sala.
Témo-los pechados de momento.

O SAPO (Inmediatamente despois):

(...cun tarro que contén un feto humano en formaldehido)

(O público poderá identifica-lo claramente)

Está intacto señores,
membros e espiña dorsal pódense apreciar ,
hai un burato pequeno no seu estómago,
aparte do seu cranio,
que como ven esta esmagado totalmente.
As súas orellas agora teñen a mesma consistencia que o seu cranio.
(pausa dun minuto, mentres móstrallo ao público desde o senario).

Ah ! e as súas orellas perden líquido gris.

Había entre o amasillo de ferros unha cegoña moribunda
que me dixo antes de estirar a pata
Busque á súa mai !
ela confiaramo mentres ía ao teatro
Está a mai deste feto aquí entre vostedes?

(O SAPO sae co tarro, despois de llo ter mostrado, de novo, ao auditorio durante uns tres minutos)

DON LAQUE (á audiencia):
A obra finalizase cunha canción –que vailles encantar- no futuro será interpretada como Himno de...  (fica pensativo mentres se achega á mesa)

(Os personaxes colócanse todos o redor da mesa, a excepción de O SAPO.)

CELA:
(Quitase os ollos, os seus, cun coitelo e sígueos a colocar enriba da mesa).

(Alternativamente abre un periódico e óllao).
Fagan cousas que avergoncen á súa familia e á súa parella.

(Unha conversación entre A Señora Trompeta e Chicle de Amorodo)

A SEÑORA TROMPETA: (Está ao lado da mesa)

Ten algún problema co seu envoltorio?

CHICLE DE AMORODO:
Para desenvolverme hai que utilizar os dedos das dúas mans.
O crucificado só a ollada.

A SEÑORA TROMPETA:
O crucificado era rapaza ou rapaz?
CHICLE DE AMORODO:
Era tipo duns trinta anos.
Preguntei por el unha vez e dixéronme que nunca existira.
Se existise gustaríame terlle preguntado se ,seria capaz de matar aos seus semellantes por un cheque en branco?.

A SEÑORA TROMPETA (Confundida, non recoñecendo a Toffee de Nata):

Dálle algún problema a estupidez do seu home?

É vostede rapaza ou rapaz?

Ola?
Quen é vostede?

Ola?

Ten fame?

TOFFEE DE NATA:
TROUTRAI, TROUTRAI, ROOOOOOUUUTRAI !
Un sentimento, un sentimento !
TAMLEEEEOOOUUU !

CELA: ( A Chicle de Amorodo cun chasquiño dos dedos)
Chama aos antidisturbios !.
Ti coñeces a súa lingua.

(CHICLE DE AMORODO ladra)

(fin do diálogo)

CELA:
(Quitase os ollos, os seus, cun coitelo e sígueos a colocar enriba da mesa).

(Alternativamente abre un periódico e óllao).

(A estas alturas da representación os ollos empezaran a caer da mesa e a rodar polo senario emitindo un ruído similar ao das canecas).

Fagan cousas que avergoncen á súa familia e á súa parella.
Digan Non !

TOFFEE DE NATA:
AGOUUUGRRRRAI beixa a OUEEESSSAAAIII, VEEEIIIBEEEUUU !
Día das vendas - DUUUTREEEIII- TTT- iiiIII- DOOOUUUPPP!
LAAI GAAAGAAi !LAAI GAAAIGAAAI !

CELA:
Policía. Policía !
España Unha !
O Futuro de España está diante dos nosos ollos !
Subirei aos altares ?

(A SEÑORA TROMPETA convida cun asubío breve a entrar en escena ao seu cuarteto de cascudas trompetistas, coas súas trompetas na man, unha delas trae dúas i entrégalle unha á Señora Trompeta)

DON LAQUE (á audiencia, referíndose ás outras cascudas que acaban de entrar en escena):

Desexo polo ben e futuro delas que todos estean  en silencio rigoroso.
Son moi sensíbeis.
(As cascudas do cuarteto iran vestidas de tal xeito que provocará a risa e murmurios dos espectadores, incluso manifestaran desacougo)

Xa ven vostedes...
Eu voume ir á merda moi pronto, de momento estou a traballar en destruír todo o que me obrigaron a construír durante tantos anos de obediencia cega; Agora estou un pouco preocupado.

Eu fun un excelente xornalista.

(Xirando a cabeza á dereita do senario i erguendo a voz)

Podo dicir isto?
Podo mentir se queres, é o mesmo,

(escoitando)

se iso soségate...

(Todo os personaxes en escena fican xeados. O SAPO entra, sentase na beira do senario e fala coa audiencia)

O SAPO:
Estimado público voulles falar do seu futuro.Voulles falar da Putrefacción.

Esta é a acción ou feito de podrecer ou podrecerse como moi ben poden ler en calquera dicionario que teñan nas súas casiñas.

A Putrefacción é un proceso biolóxico de destrución da materia viva, si como todos nós que nos atopamos aquí, mediante o cal prodúcese a desintegración dos restos dos organismos faltos xa de vida e o seu paso ao medio ambiente - tan de moda - dos seus elementos constitutivos.
A Putrefacción desencadease por unha acción incontrolada das encimas denominadas catalasas, desaparecen as membranas celulares e hai unha autólise para despois continuar coa acción de bacterias e insectos.

A parte máis resistinte á Putrefacción son os osos, polo seu alto contido en minerais, pero non se fagan ilusións acaban tamén desaparecendo. Nun medio húmido a Putrefacción realizase de mudo moito mais rápido.

Nos seres humanos o proceso de putrefacción é moi diferente ao das outras especies animais grazas á cultura, grande vendedora de futuros para nada, como deducirán a continuación das miñas palabras.

Ao cadáver humano acostuma dárselle sepultura nun lugar determinado, no que se reúnen outros mortos da súa comunidade, e cuxas condicións son variábeis.

Aínda nos casos de inhumación en terra ou fosa, esta realizase a certa profundidade, que impida a influencia de moitos axentes externos.

En esencia a Putrefacción iniciase ás poucas horas da morte e xa comeza a ser evidente aos dous días no verán e aos seis ou oito no inverno, dependendo a súa aparición da idade, sexo, causa da morte, as condicións ambientais: sequidade, humidade, temperatura, clase de térrenos, etc.
Nalgúns casos, nesta función habemos asistido a un, preséntase o parto post-mortem.

Díganme , O que sentido ten levar flores aos vermes e demais especies que ocupan o lugar dos seus falecidos, despois de que se desen o grande festín?

(Quince segundos de silencio)

Tan pouco queríanos vostedes, que son capaces de premiar con flores aos seus devoradores ?
Moitas graciñas.

(Os personaxes tornan ao movemento)

Don Laque (á audiencia) :
Ben ... síntome cheíño de respostas ... vexo que aínda cheguei a tempo de asistir ao Remate.


O REMATE

(O Remate será cantado excepto cando se indique)

DON LAQUE (falado):
Chegou o momento, cantemos o noso himno; (pensativo) un himno, un himno...

TODOS OS PERSONAXES:
Ai !
Das ondas de Ai ! desexo, rapaz de ZOSAAAEI eu !
Rapaz de ai ! de ZOSAAAEI !
REDEEEI de OOOSUUUEI, PLIL de ZOSAAAEI !
Ai !
de AEEEIIIRIEIIISSS de TEPA infindo.
O rapaz de OUSSSEREEEI !
de Ai !
de ZOSAAAEI !.
EEIII carafita,
EEIII ZOSAAAEI !

DON LAQUE (falado):
Chegou o momento, cantemos o noso himno; (pensativo) un himno, un himno...

TODOS OS PERSONAXES:
Rapaz, rapaz de OOOSUUUEI as ondas de OUSSSEREEEI !
Ai !
OOOSUUUEI  de ondas
de Ai !
O rapaz OOOSUUUEI  !

(a Metade dos personaxes)

AEEEIIIRIEIIISSS de AEEEIIIRIEIIISSS !

(A outra metade dos personaxes)

EEIII caráfita PLIL !

(Todos xuntos)

TEPA eu REDEEEI  de OOOSUUUEI !

DON LAQUE (falado):
Chegou o momento, cantemos o noso himno; (pensativo) un himno, un himno...

TODOS OS PERSONAXES:
Ondas do laio, rapaz de OOOSUUUEI do rapaz,
REDEEEI !
Eu !
Ouvín !
O petróleo !
EEIII de ondas de OOOSUUUEI caráfita;
EEIII  caráfita ZOSAAAEI
REDEEEI TEPA eu OOOSUUUEI !
TEPA ZOSAAAEI REDEEEI !
O desexo de ZOSAAAEI, rapaz de OOOSUUUEI REDEEEI rapaz, REDEEEI !
Eu !
Ouvín !
O petróleo !
EEIII de ondas de EEIII caráfita;
ZOSAAAEI  caráfita ZOSAAAEI !
REDEEEI EEIII TEPA eu OOOSUUUEI !
TEPA, TEPA. PLIL eu OOOSUUUEI !

Pano de fondo