XanTimol
TEQU (ilustracións)
... Cómo subimos. A vexetación estábase
comportando de forma moi estraña, aquí no alto. Pronto, ao axexo brotaban do
chan leitugas de auga, para revelar a astucia do noso inseparábel espertador,
e... anunciábanos o fin da viaxe, Ante nós os refuxiados de todas as procuras,
tíñamos o acantilado dunha moi grande explanada moi unida e completamente
deserta.
Nós os refuxiados de todas as procuras algúns damos un paso cara un
punto onde se parara os Outros con un tipo de instrumento descoñecido e
marabilloso, que nos lembraba pola súa estrutura ás doncelas que perseguíamos -
se escaparan moi de présa ao vernos chegar ao principio da viaxe - , que algúns
de nós habíamos empregue un compás para poder atinxi-las mais tarde.
O
reflectido da probabilidade, ben que completamente delicioso, as doncelas -iso
pensábamos- estaban suspendidas deste fisterrá de nubes, opacas e cadradas,
iso, polo seu vello púbeco incipiente, isto fíxonos pensar no valeiramento
dunha montaña, na cal poderíamos refuxiarnos con elas; cando as tinxísemos.
Ollamos cara abaixo abaixo, o enlarafuzado do acantilado fora construído dunha
forma moi complexa e inconcibíbel. nunha ladeira había dentes humanos que fora
estirados a modo de columnas de estilo xónico e tamén outros restos humanos
inclasificábeis se esparexían a si mesmos por ladeiras próximas, por todos
lados, ofrecendo unha variedade grande de aparencias e de cores. Certo, dunha
brancura que estala e que resumía todas as cores posíbeis, contrastado co fume
que saía dos nosos cigarros. tíñamos ante os nosos ollos a escala mais completa
de acontecementos quitados do Inferno e Paraíso ao mesmo tempo. Algúns
parceiros levaban castañas peladas nos petos e comíanas, nestes momentos, con
incrible deleite.
Todas as nosas sombras compuñan figuras e accións singulares,
á marxe dos nosos movementos. Desde que a maleza do serán de tons volátiles,
ate os matices arxiláceos e infecundos do anoitecer. Os dentes seguían,
estirándose en horizontal despois de que xa atinxiran certa altura -uns tres
metros-, se dobraban nun perfecto ángulo recto en enderezo ao horizonte, se
apresuran, son atraídos pola afastamento deste taboleiro de delicias furtivas,
que se despregaba ante os nosos olladas. Isto completábase por unha multitude
de dentes negros que caían en forma de chuvia sobre nós e polo vermello
esbrancuxado dunha lúa en forma de número un. Ouveamos berros de alegría.
O
arrastrarse baixo os nosos pés de raíces sanguentas. Os feitos e as proporcións
nestes momentos dividirannos ate a unidade infinito - as doncelas e as leitugas
de auga ríanse de nós desde a raioliña do horizonte. O número de camiños que
había ate alá era infinito e ao longo deles florecían metais transfigurados en
imaxe de lingua de lume descoñecido. E alá, na raioliña do horizonte entre
risos as doncelas íspense e bébense as leitugas de auga.