A Importancia dun punto: A panca

Arquímedes
TEQU (ilustracións)




Dádeme un punto de apoio e moverei o mundo !


Nunha carta que lle escribín ao Rei Hierao, dicíalle: que, dada unha forza, calquera peso podería ser movido, e ate mesmo gabándome, dixen que se podería houber outra Terra, esta podería ser movida. Hierao marabillouse con isto e pediume unha demostración práctica.

Tomei en terra un dos navíos da flota do rei - que non podía ser movido a non ser por moitos homes - cargueino con moitos pasaxeiros e lotes moi pesados de carga. Eu coloqueime a distancia e puxen unhas poleas, movendo de seguido o navío en liña reta suavemente, como se estivese no mar.

A cousa e, que se temos unha panca en cuxos extremos actúan pesos iguais, a panca equilibrarase colocando o punto de apoio no medio dela.

Un peso pódese descompoñer en dúas metades actuando a igual distancia do punto medio da panca.

...aqueles que afirman descubrir todo, mais non producen probas das súas afirmacións, poden estar enganados finxindo descubrir o imposíbel.

Unha panca é un tipo de mecanismo formado por unha barra ríxida que descansa e pode xirar o redor dun punto de apoio ou fulcro, e que serve para transmitir e multiplicar forzas.


Mediante o mecanismo dunha panca pódense erguer maiores pesos exercendo unha forza menor. Canto maior sexa a distancia entre o obxecto que queremos erguer e o punto de apoio, e menor ao que existe entre este punto e o extremo no que exercemos a forza, maior resistencia se poderá vencer.

Outra vez, cando os romanos asediaban Siracusa, construín unha serie de máquinas e catapultas que arroxaban unha chuvia de proxectís de gran peso que sementaron o abraio nos exércitos de Marcelo, e así logrei defender a cidade durante tres años.