Luz



Maruxa Valín
TEQU (ilustración)

Unha palabra díxose
palabra viva intacta
en movemento
            recriándose
                        sentindo.

A nosa lingua agredida
esnaquizada aldraxada
polo ruído da docilidade
páxina aberta onde repousan
todos os ecos do vento.