TEQU (ilustracións)
Toda unha noite soñando co navegante do vento. Con ollos de
tempo capaces de inventar unha nova imprenta de lapas.
Libando para acalar a morte
fume extasiado
feminino e masculino
distancia inxusta pero real
o mercador non entende
de versos nin dedos
dedal das nubes.
Os sentimentos menten
cando un encantador elixir voa
sen perder o tempo secando as fontes
soamente o vapor que vai
anana os actos sen sentido
indiferenza plena balorecido horizonte
desexo inventado polo naufraxio
dos homes suma de silencios
somos a tranquilidade que espera
os veleiros de pedra convertidos en tempo
iso es ti éxtase e muro
alfándega e lazo do deserto astuto.