Entremés do Retábalo das marabillas



Miguel de Cervantes Saavedra

Tradución Manoel Toural Quiroga
Ilustracións Carme Dapoza Bouzas


Publicado na revista ELO (2004, 2)
Trátase da primera versión ao galego do entremés


Persoas que falan nel:

CHANFALLA
A CHIRINOS
RABELÍN
GOBERNADOR
Pedro CAPACHO
BIEITO Repolo
XAN Castrado
XOANA CASTRADA
TAREIXA Repolo
SOBRIÑO
FURRIER de compañas

Saen CHANFALLA e a CHIRINOS

CHANFALLA
Non se che pasen da memoria, Chirinos, os meus advertimentos, principalmente os que che dei para este novo embuste, que ha de saír tan a luz como o pasado do Llovista.

CHIRINOS
Chanfalla ilustre, o que en min quere o ten como de molde; que tanta memoria teño como entendemento, a quen se xunta unha vontade de acertar a satisfacerche , que excede ás demais potencias. Pero dime : de o que serve este Rabelín que tomamos? Nós dous só, non puidésemos saír con esta empresa?

CHANFALLA
Habiámoslle mester como o pan da boca, para tocar nos espazos que tardaren en saír as figuras do Retábalo das Marabillas.

CHIRINOS
Marabilla será se non nos apedran por só o Rabelín; porque tan desventurada criaturiña non a vin en todos os días da miña vida.

Entra O RABELÍN



RABELÍN
Hase de facer algo neste pobo, señor autor? Que xa me porque vosa mercé vexa que non me tomou a carga pechada.

CHIRINOS
Catro corpos dos vosos non farán un terzo, canto máis unha carga; se non sodes máis grande músico que grande, medrados estamos.

RABELÍN
Iso dirá; que en verdade que me escrebaron para entrar nunha compaña de partes, por rapaz que son.

CHANFALLA
Se vos han de dar a parte a medida do corpo, case será invisíbel. Chirinos, pouca a pouca, estamos xa na pobo, e estes que aquí veñen deben ser, como o son sen dúbida, o Gobernador e os Alcaldes. Saiámoslles ao encontro, e dáche un gume á lingua na pedra da gabación; pero non despuntes de aguda.

Saen o GOBERNADOR e BIEITO Repolo, alcalde, XAN Castrado, rexedor, e Pedro CAPACHO, escribán

Beixo as vosas mercés as mans: quén das vosas mercés é o Gobernador desta pobo?

GOBERNADOR
Eu son o Gobernador; que é o qué queredes, bo home?

CHANFALLA
A ter eu dúas onzas de entendemento, botase de ver que esa peripatética e ancheada presenza non podía ser doutro que do dignísimo Gobernador desta honrada pobo; que, con o ollar a ser das Algarrobiñas, o desbote vosa mercés.

CHIRINOS
En vida da señora e dos señoriños, se é que o señor Gobernador os ten.

CAPACHO
Non é casado o señor Gobernador.

CHIRINOS
Para cando o sexa; que non se perderá nada.

GOBERNADOR
E ben, que é o qué queredes, home honrado?

CHIRINOS
Honrados días viva vosa mercés, que así nos honra; entón , a aciñeira dá landras; o pero, peras; a parra, uvas, e o honrado, honra, sen poder facer outra cousa.

BIEITO
Sentenza ciceroniana, sen sacar nin pór un punto.

CAPACHO
Ciceroniana quixo dicir o señor alcalde BIEITO Repolo.

BIEITO
Sempre quero dicir o que é mellor, se non que as máis das veces non acerto; entón , bo home, o qué queredes?

CHANFALLA
Eu, señores meus, son Montiel, o que trae o Retábalo das marabillas. Hanme enviado a chamar da Corte os señores xofrades dos hospitais, porque non hai autor de comedias en ela, e perecen os hospitais, e co meu ido remediarase todo.

GOBERNADOR
E, qué quere dicir Retábalo das marabillas?

CHANFALLA
Polas marabillosas cousas que nel se aprenden e mostran, ven a ser chamado Retábalo das marabillas; o cal fabricou e compuxo o sabio Tontonelo embaixo de tais para-los, rumos, astros e estrelas, con tais puntos, carácteres e observacións, que ningún pode ollar as cousas que nel se mostran, que teña algunha raza de confeso, ou non sexa habido e procreado dos seus pais de lexítimo matrimonio; e a que fose contaxiada destas dúas tan usadas enfermidades, se despida de ollar as cousas, xamais vistas nin oídas, do meu retábalo.

BIEITO
Agora boto de ver que cada día vense no mundo cousas novas. E,qué se chamaba Tontonelo o sabio que o retábalo compuxo?

CHIRINOS
Tontonelo chamábase, nado na cidade de Tontonela; home de quen hai fama que lle chegaba a barba á cintura.

BIEITO
Pola maior parte, os homes de grandes barbas son sabidos.

GOBERNADOR
Señor rexedor XAN Castrado, eu determino, embaixo do seu bo semellar, que esta noite se despose a señora [XOANA] Castrada, a súa filla, de quen eu son padriño, e, en ledicia da festa, quero que o señor Montiel mostre na vosa casa o seu Retábalo.

XAN
Iso teño eu por servir ao señor Gobernador, con cuxo semellar conveño, entaboo e arrimo, aínda que haxa outra cousa en contrario.

CHIRINOS
A cousa que hai en contrario é que, se non se nos paga primeiro o noso traballo, así verán as figuras como polo cerro de Úbeda. E vosas mercés, señores xustizas, teñen conciencia e alma neses corpos? Bo seria que entrase esta noite toda a pobo en casa do señor XAN Castrado, ou como é a súa graza, e vise o contido no tal Retábalo, e mañá, cando quixésemos mostrarlle á pobo, non houbese ánima que lle vise! Non, señores; non, señores: ante omnia hannos de pagar o que fose xusto.

BIEITO
Señora autora, aquí non vos ha de pagar ningunha Toña, nin ningún Toño; o señor rexedor Xan Castrado pagaravos máis que honradamente, e se non, o Concello. Ben coñecedes o lugar, por certo! Aquí, irmá, non agardamos a que ningunha Antonia pague por nós.

CAPACHO
Pecador de min, señor BIEITO Repolo, e o que lonxe dá do branco! Non di a señora autora que pague ningunha Antonia, se non que lle paguen adiantado e ante todas as cousas, que iso quere dicir ante omnia.

BIEITO
Ollade, escribán Pedro Capacho, facede vos que me falen a dereitas, que eu entenderei a pé chan; vos, que sodes lido e escrito, podedes entender esas algarabías de alén, que eu non.

XAN
Agora ben, contentarse ha o señor autor con que eu lle dea adiantados media ducia de ducados? E máis, que se terá coidado que non entre xente da pobo esta noite na miña casa.

CHANFALLA
Son contente; porque eu fíome da dilixencia da vosa mercé e do seu bo termo.

XAN
Pois víñase comigo. Recibirá os cartos, e verá a miña casa, e a comodidade que hai nela para mostrar ese retábalo.

CHANFALLA
Imos; e non se lles pase dos mielos as calidades que han de ter os que se atreveren a ollar o marabilloso retábalo.

BIEITO
Ao meu cargo fica iso, e sele dicir que, pola miña parte, podo ir seguro a xuízo, pois teño o pai alcalde; catro dedos de enxunlla de cristián vello rancio teño sobre os catro custados do meu liñaxe: ollen se verei o tal retábalo!

CAPACHO
Todos pensámoslle ver, señor BIEITO Repolo.

XAN
Non nacemos acá nas malvas, señor Pedro Capacho.

GOBERNADOR
Todo será mester, segundo vou vendo, señores Alcalde, Rexedor e Escribán.

XAN
Imos, autor, e mans á obra; que XAN Castrado me chamo, fillo de Antón Castrado e de XOANA Macha; e non digo máis en estrume e seguro que poderei pórme cara a cara e a pé fico diante do referido retábalo.

CHIRINOS
Deus fágao!

(Éntranse XAN Castrado e CHANFALLA)


GOBERNADOR
Señora autora, qué poetas se usan agora na Corte de fama e rumbo, especialmente dos chamados cómicos? Porque eu teño nas miñas puntas e colar de poeta, e pícome da farándula e carauta. Vinte e dúas comedias teño, todas novas, que se ven unhas ás outras, i estou agardando conxuntura para ir á Corte e enriquecer con elas media ducia de autores.

CHIRINOS
Ao que vosa mercé, señor Gobernador, me pregunta dos poetas, non lle saberei responder; porque hai tantos, que sacan o sol, e todos pensan que son famosos. Os poetas cómicos son os ordinarios e que sempre se usan, e así non hai para o que noméallos. Pero dígame vosa mercé, pola súa vida: como é a súa boa graza? como se chama?

GOBERNADOR
A min, señora autora, chámanme o licenciado Gomiñas.

CHIRINOS
Válame Deus! E que vosa mercé é o señor licenciado Gomiñas, o que compuxo aquelas coplas tan famosas de Lucifer estaba malo e tómalle mal de fora?

GOBERNADOR
Malas linguas houbo que me quixeron afillar esas coplas, e así foron miñas como do Grande Turco. As que eu compuxen, e non o quero negar, foron aquelas que trataron do Diluvio de Sevilla; que, posto cos poetas son ladróns uns dos outros, nunca me precei de furtar nada a ninguén: cos meus versos axúdeme Deus, e furte o que quixese.

Volve CHANFALLA

CHANFALLA
Señores, vosas mercés veñan, que todo está a punto, e non falta máis que comezar.

CHIRINOS
Están xa os cartos in corbona?

CHANFALLA
E aínda entre as teas do corazón.

CHIRINOS
Pois doute por aviso, Chanfalla, que o Gobernador é poeta.

CHANFALLA
Poeta? Corpo do mundo! Pois lle dá por enganado, porque todos os de humor semellante son feitos á mazaroca; xente descoidada, crédula e non nada maliciosa.

BIEITO
Imos, autor; que me saltan os pés por ver esas marabillas.

(Vanse) todos. Saen XOANA CASTRADA e TAREIXA Repola, labradoras: a unha como desposada, que é a CASTRADA


CASTRADA
Aquí pódeste sentar, TAREIXA Repola amiga, que teremos o retábalo enfronte; e, pois sabes as condicións que han de ter os olladores do retábalo, non te descoides, que sería unha grande desgraza.

TAREIXA
Xa sabes, XOANA Castrada, que son a túa curmá, e non digo máis. Tan certo tivese eu o ceo como teño certo ver todo aquilo que o retábalo mostra! polo século da miña mai, que me quitase os mesmos ollos da miña cara, se algunha desgraza me acontecese! Bonita son eu para iso!

CASTRADA
Soségate, prima; que toda a xente ven.

(Saen o GOBERNADOR, BIEITO Repolo, XAN Castrado, Pedro CAPACHO, o autor e a autora, e o músico, e outra xente da pobo, e un SOBRIÑO de BIEITO, que ha de ser aquel xentilhome que baila

CHANFALLA
Se senten todos. O retábalo ha de estar detrás deste reposteiro, e a autora tamén, e aquí o músico.

BIEITO
Músico é este? Métanlle tamén detrás do reposteiro; que, a troco de non velle, darei por ben empregue o non oírlle.

CHANFALLA
Non ten vosa mercé razón, señor alcalde Repolo, de descontentarse do músico, que en verdade que é moi bo cristián e fidalgo de solar coñecido.

GOBERNADOR
Calidades son ben necesarias para ser bo músico!

BIEITO
De solar, ben poderá ser; mais de soar, abrenuncio.

RABELÍN
Iso merecese o belleco que se ven a soar diante de...!

BIEITO
Pois, por Deus, que vimos aquí soar a outros músicos tan...!

GOBERNADOR
Se fique esta razón no de do señor Rabel e no tan do Alcalde, que será proceder en infinito; e o señor Montiel comece a súa obra.

BIEITO
Pouca baluga trae este autor para tan grande retábalo.

XAN
Todo debe de ser de marabillas.

CHANFALLA
Atención, señores, que comezo!
Oh ti, quenquera que fuches, que fabrícache este retábalo con tan marabilloso artificio, que atinxiu renome das Marabillas pola virtude que nel se pecha, conxúroche, rema e mando que entón incontinente mostres a estes señores algúns dos teus marabillosos marabillas, para que se folguen e tomen pracer sen escándalo algún! Ea, que xa vexo que outórgache a miña petición, pois por aquela parte asoma a figura do valentísimo Sansón, abrazado coas columnas do templo, para derrúballe polo chan e tomar vinganza dos seus inimigos. Tenche, valoroso cabaleiro; tenche , pola graza de Deus Pai! Non fagas tal desaguisado, porque non apañes embaixo e fagas tortiña tanta e tan nobre xente como aquí xuntou!

BIEITO
Téñase, corpo de tal, comigo! Bo seria que, en lugar de nos ter vido a folgar, ficasemos aquí feitos pasta! Téñase, señor Sansón, pesia aos meus males, que llo rogan bos!

CAPACHO
Olládelle vos, Castrado?

XAN
Pois, non lle había de ver? Teño eu os ollos no colodriño?

GOBERNADOR
(Aparte) Milagroso caso é este: así vexo eu a Sansón agora, como o Grande Turco; pois en verdade que me teño por lexítimo e cristián vello.

CHIRINOS
Gárdate, home, que sae o mesmo touro que matou ao ganapán en Salamanca! bótate , home; bótate , home; Deus líbrete, Deus líbrete!

CHANFALLA
Bótense todos, bótense todos! Húcho ho!, húcho ho!, húcho ho!

Bótanse todos e alporízanse.


BIEITO
O diaño leva no corpo o touriño; as súas partes ten de zosco e de bragado; se non me tendo, lévame de voo.

XAN
Señor autor, faga, se pode, que non saían figuras que nos alporicen; e non o digo por min, se non por estas rapazas, que non lles ficou pinga de sangue no corpo, da ferocidade do touro.

CASTRADA
E,cómo, pai! Non penso volver en min en tres días; xa me vin nos seus cornos, que os ten agudos como unha lesna.

XAN
Non foses ti a miña filla, e non o vises.

GOBERNADOR
(Aparte) Abonda: que todos ven o que eu non vexo; pero ao fin haberei de dicir co vexo, pola negra honriña.

CHIRINOS
Esa manda de ratos que alá vai descende por liña recta daqueles que se criaron no Arca de Noé; deles son brancos, deles albarazados, deles xaspeados e deles azuis; e, finalmente, todos son ratos.

CASTRADA
Xesús!, Ai de min! Téñanme, que heime de chimpar por aquela xanela! Ratos? Coitada! Amiga, apértate as saias, e olla non te mordan; e monta que son poucos! polo século da miña avó, que pasan de millenta!
REPOLA
Eu si son a coitada, porque se me entran sen reparo ningún; un rato moreniño tenme asida dun xeonllo. Socorro veña do ceo, pois na terra fáltame!

BIEITO
Aínda ben que teño gregüescos: que non hai rato que se me entre, por pequeno que sexa.

CHANFALLA
Esta auga, que con tanta presa deixase descolgar das nubes, é da fonte que dá orixe e principio ao río Xordán. Toda muller a quen tocase no rostro, volvéraselle como de prata gruñida, e aos homes volveránselle as barbas como de ouro.

CASTRADA
Oíches, amiga? Descobre o rostro, pois ves o que che importa. Oh, qué licor tan saboroso! Cúbrase, pai, non se molle.

XAN
Todos cobrémonos, filla.

BIEITO
Polos lombos heime calado a auga ate a canal mestra.

CAPACHO
I estou máis seco cun esparto.

GOBERNADOR
(Aparte) O qué diaños pode ser isto, que aínda non me tocou unha pinga, onde todos se afogan? Mais, se viñese eu a ser bastardo entre tantos lexítimos?

BIEITO
Sáquenme dala aquel músico; se non, voto a Deus que me vaia sen ver máis figura. Válate o diaño por músico adondado, e o que fai de amiudar sen cítola e sen son!


RABELÍN
Señor alcalde, non tome comigo a incha; que eu toco como Deus foi servido de meaprender .

BIEITO
Deus habíache de aprender, sabadeira? Métete tras a manta; se non, por Deus que che chimpe este banco!

RABELÍN
O diaño creo que me trouxo a esta pobo.

CAPACHO
Fresca é a auga do santo río Xordán; e, aínda que me cubrín o que puiden, aínda atinxiume un pouco nos bigotes, e apostarei que os teño louros como un ouro.

BIEITO
E aínda peor cincuenta veces.

CHIRINOS
Alá van ate dúas ducias de leóns rampantes e de osos colmeiros; todo vivente gárdese; que, aínda que fantásticos, non deixarán de dar algunha pesadume, e aínda de facer as forzas de Hércules con espadas desenvaiñadas.

XAN
Ea, señor autor, corpo de nos la! E agora quérenos encher a casa de osos e de leóns?

BIEITO
Ollade o que reiseñores e calandras nos envía Tontonelo, se non leóns e dragóns! Señor autor, e saían figuras máis sosegadas, ou aquí nos contentamos coas vistas; e Deus guíelle, e non pare máis na pobo un momento.

CASTRADA
Señor BIEITO Repolo, deixe saír ese oso e leóns, sequera por nós, e recibiremos moito contente.

XAN
Pois, filla, ,de antes horrorizábaste dos ratos, e agora pides osos e leóns?

CASTRADA
Todo o novo aprace, señor pai.

CHIRINOS
Esa doncela, que agora se mostra tan gálana e tan composta, é a chamada Herodías, cuxo baile atinxiu en premio a cabeza do Precursor da vida. Se hai quen a axude a bailar, verán marabillas.

BIEITO
Esta si, corpo do mundo, que é figura fermosa, sosegada e relucente! fideputa, e como que se volve a rapaza! SOBRIÑO Repolo, ti que sabes de achaque de castañetas, axuda , e será a festa de catro capas.

SOBRIÑO
Que me prace, tío BIEITO Repolo.

Tocan a zarabanda

CAPACHO
Toma o meu avó, se é antigo o baile da Zarabanda e da Chacona!

BIEITO
Ea, SOBRIÑO, tenllas tesas a esa belleca fodía; pero, se esta é fodía, como ve estas marabillas?

CHANFALLA
Todas as regras teñen excepción, señor Alcalde.

Sona unha trompeta, ou corneta dentro do teatro, e entra un FURRIER de compañas

FURRIER
Quen é aquí o señor Gobernador?

GOBERNADOR
Eu son. O que manda vosa mercé?
FURRIER
Que entón ao punto mande facer pousada para trinta homes de armas que chegarán aquí dentro de media hora, e aínda antes, que xa sona a trompeta; e adeus.

[Vaise]

BIEITO Eu apostarei cos envía o sabio Tontonelo.

CHANFALLA
Non hai tal; que esta é unha compaña de cabalos que estaba pousada dúas leguas de aquí.

BIEITO
Agora eu coñezo ben a Tontonelo, e sei que vos e el sodes uns grandísimos bellecos, non perdoando ao músico; e ollade que vos mando que mandedes a Tontonelo non teña atrevemento de enviar estes homes de armas, que lle farei dar douscentos azoutes nos lombos, que se vexan uns a outros.

CHANFALLA
Digo, señor Alcalde, que nonos envía Tontonelo!

BIEITO
Digo que os envía Tontonelo, como enviou as outras sabandi[x]as que eu vin.

CAPACHO
Todos as habemos visto, señor BIEITO Repolo.

BIEITO
Non digo eu que non, señor Pedro Capacho. Non toques máis, músico de entre soños, que rompereiche a cabeza.

Volve o FURRIER

FURRIER
Ea, ,está xa feito o apousento? Que xa están os cabalos no pobo.

BIEITO
Que aínda saíu coa súa Tontonelo? Pois eu vos voto a tal, autor de fumes e de embelecos, que mo habedes de pagar!

CHANFALLA
Séxanme testemuñas que me ameaza o Alcalde.

CHIRINOS
Séxanme testemuñas que di o Alcalde que o que manda A súa Maxestade o manda o sabio Tontonelo.

BIEITO
Atontoneleados véxanche os meus ollos, prega a Deus todopoderoso.

GOBERNADOR
Eu para min teño que verdadeiramente estes homes de armas non deben de ser de burlas.

FURRIER
De burlas habían de ser, señor Gobernador? Está no seu siso?

XAN
Ben puidesen ser atontonelados: como esas cousas habemos visto aquí. Por vida do autor, que faga saír outra vez á doncela Herodías, porque vexa este señor o que nunca viu; cicáis con isto lle colleitaremoslle para que se vaia empresto do lugar.

CHANFALLA
Iso en boa hora, e véina aquí a dó volta, e fai de siñas ao seu bailador a que de novo a axude.

SOBRIÑO
Por min non ficará, por certo.

BIEITO
Iso si, SOBRIÑO; cansa-a , cansa-a ; voltas e máis voltas; vive Deus, que é un azougue o rapaz! Ao burato, ao burato! A iso, a iso!

FURRIER
Está tola esta xente? qué diaños de doncela é esta, e qué baile, e cál Tontonelo?

CAPACHO
Entón, non ve a doncela herodiana o señor furrier?

FURRIER
Qué diaños de doncela teño de ver?

CAPACHO
Abonda: de ex il[l]is é!

GOBERNADOR
De ex il[l]is é; de ex il[l]is é!

XAN
Deles é, deles o señor furrier; deles é!

FURRIER
Son da má puta que os pariu; e, por Deus vivo, que se boto man á espada, cos faga saír polas xanelas, que non pola porta!

CAPACHO
Abonda: de ex il[l]is é!

BIEITO
Abonda: deles é, pois non ve nada!

FURRIER
Canalla barretina: se outra vez me din que son deles, non lles deixarei oso san.

BIEITO
Nunca os confesos nin bastardos foron valentes; e por iso non podemos deixar de dicir: deles é, deles é!

FURRIER
Corpo de Deus cos viláns! Esperade!

Mete man á espada e acoitelase con todos; e o Alcalde aporrea ao Rabelexo; e a CHIRINOS descolga a manta e di

CHIRINOS
O diaño foi a trompeta e a vinda dos homes de armas; semella cos chamaron con campaiña.

CHANFALLA
O suceso foi extraordinario; a virtude do retábalo ficase no seu punto, e mañá podémolo mostrar á pobo; e nós mesmos podemos cantar o triunfo desta batalla, dicindo: vivan Chirinos e Chanfalla!

FIN do Entremés