Xan Seom (ilustracións)
Falar con el, camiño da auga.... como
sorrisos, ninguén se detén. Un castiñeiro medra entre esas flores do pan,
trenzando as súas follas para arrolar a un neno abandonado.
Ar da luz sen froito
a auga sempre mañá
pracer ou sexo sen xanelas
a espola dos días asolaga
a miña existencia onde só hai un río
a vítima perseguida polo espello.
Me afirmo na espola do desexo
inundada polo diamante mariño
o corpo que sacia a súa fame
chantada por unha colleita de arcos
sopro no voo da frecha
para facer estalar a túa imaxe valeira.
Ti que estabas ao fronte do cristal
prisioneiro en patios amurallados
onde danzan as penas atroces
das bandeiras e do destino
inventado pola pegada das cicatrices.