Fernán Arnís
(Texto e ilustración)
Alá, onde non hai portas, onde os espellos reflicten a soidade dos dias.
Indecisión
da tormenta
recollida
nunha
esvelteza
esférica
respirando
Os dados
saltan
como horas
e campás
estreites
do grao
valoran a
mar que nos fuxe
no corredor
da melancolía
Notas
pulsadas
escollidas
adrede
da ollada
dos desafíos
notas que
non explican nada
so falar de
sonos arrincados
sen presa
das mans
labregas
destiladas
do traballo
asolagado
polo cansazo
dun
lostrego espectral
Dor
lóstregos
cansados
mulleres
maltratadas
polos crustáceos
infectos
da noite
Arumes ocultándose
e dados
queimados
pola cor
verde e azul
da mentira
dor que
coloca
ordenadamente
os graos de
area
dos reloxos
Perdidos e curiosos
a noite
seguía a buscar
as
preguntas dos adeus
Barcas,
chamadas, dúbidas
y mareas abismo
ácido
dos homes