O tempo esvaecese



Gonzalo Aleix
Helene Suhr (ilustracións)


Dubidar da existencia cando estás a voar rodeado de nubes e de persoas que non coñeces, ten un significado  imaxinativo.

O soño de sentir que a inocencia nos rodea, que non se mide con palabras, nin xestos. Cando todo é o mesmo soño absurdo, onde a realidade penetra até exterminarnos.



Pero cando a súa pele é un curto túnel,
a cada paso que dou
o horizonte non ten a culpa.

A sombra da auga
desvélate todas as sorpresas
agachadas na corrente.

Delirio e miraxe do río,
da incerteza que engaiola
o sabor de estar en dúas beiras.



Habíame afastado tanto do centro da cidade que agora atopábame completamente perdido no meio daquela infinidade de rúelas da periferia.

Andaba e non deixaba de falar comigo mesmo a meia voz mentres tentaba saír daquel atolladeiro de rúas desvencelladas e axadas polo paso do tempo, repletas de tristes e envellecidos paseantes que daban a sensación de vagar sen rumbo por aquel labirinto xigantesco de rúas con edificios en estado ruinoso. No único que se distinguían os uns dos outros era no distinto grao de abandono e ruína. As mulleres e os homes que me cruzaba ao ver que falaba só non deixaban de me ollar e facer comentarios entre eles.


Semellaba evidente que estes paseantes vivían neste lugar pero, e eu? de onde había vido? e, como chegara até aquí?. Non o sabia. En realidade non é que  sentirame incómodo nesta situación de ser un paseante máis e nun lugar que descoñecía. Quizais tamén fose unha destas persoas a pesar de crer que eu era o máis novo de todos os que vagaban ao meu redor.

Seguín camiñando, absorto nos meus pensamentos e só ao pasar diante dun vello e lixoso escaparate vin a miña imaxe reflectida no vidro decotándome de que era tan ancián como o resto de persoas que pasaban ao meu carón.
 

Si, agora estaba verdadeiramente sorprendido, a miña vida transcorrera sen que me dese conta e o que é peor non lembraba en absoluto nada  vivido. Onde?, como?, con quen?, a quen coñecía? e o máis incomprensíbel para o meu naquel intre: cando?.