Vicente Foilán (texto e ilustracións)
Unha fogueira furia doutro ceo
o tempo á marxe de calquera arte
antes de se ir o canto tras o muro
sempre lembraba cada intre en que soñas
feito das túas nubes como un día como carne
imóbel verdor da imaxe que me devolve humano
1
Aquel soño o teu desexo segredo e o vento
referencia en que descobre os anos
no libro de ti mesmo deserto que xa non existe
corpo cuxo eco é o mar cálido e imposíbel
Os xinetes que apuñalan a vida
dentro do silencio como un morto
recordos e cinzas un día de outro ceo
entón sentes o soño que volta a amarche
breves nubes de carne que din non
río derrotado e entón loubánas igual que morres
Escapa o silencio e é así medida de auga
en torveliño con moitas pólas capaces
de se transformar nun bosque moi belo de horas
2
Telarañas fronte a pingas de auga
unha montaña impenetrábel
que nada precipita
orgullo e blasfemia rebelde
daquelas cataratas de desexos
as luces que pensaban en ser lapa
sobre o lombo tristes da miña sombra
3
Penumbra accesíbel do soño
a lúa enche é unha onda
día nocturno como corpos gozando-se
ondas e lombos que a lúa remota
convida a atopar ao azar da túa pele
fragil morrer sen me lembrar
4
Ao fin se manchou o mar
agullas chantadas nun gume de sombra
maligna miseria das madas
esperanza do lóstrego aínda entre nós
heroes coa súa lanza en torno ao imposíbel.