Lois Louré (ilustracións)
Pero se queres, che devolverei
ese cáliz ao que chaman primavera,
para lembrarte que vexo os soños
como a folerpa de neve da soidade.
Era demasiado tarde pero aínda lembrábame dela. Saíra tan distraído que fun incapaz de decatarme de que tamén aqueles asobios estaban dedicados a min.
Co tempo podiámonos voltar a atopar e mesmo aprender xuntos que todos os soños eran aínda posíbeis de levar a cabo, pero non, era demasiado tarde para voltar a tentar xogar a nada.
Ela era a única muller que coñecera en toda a miña vida, a que entrara en todos os meus pensamentos e a que tamén se dera conta de que agora todo o que eu podería facer sen ela. Tampouco non serviría para nada e case con toda seguranza me conduciría até lugares onde o oleaxe das lembranzas serian só unha máscara de arumes de tempo pasado.

Palabras e mentiras. Árbores que nos aprendían a seguir sendo nós mesmos nun mundo poboado de estupideces e regalos que ademais nos custaban uns bos cartos. Todos sabíano pero ninguén quería acostumarse a lembralo.
A mañá e o serán eran as miñas horas favoritas. Por fin conseguía estar só, sen ninguén que puidese perturbar os meus pensamentos nin tampouco os meus pasos.
Qué pequeno resultaba o paso do tempo !
A mañá e o serán eran as miñas horas favoritas. Por fin conseguía estar só, sen ninguén que puidese perturbar os meus pensamentos nin tampouco os meus pasos.
Qué pequeno resultaba o paso do tempo !
Aínda así, era capaz de seguir preguntándome que diaños era esa cousa do amor. Eu sabia que en moitos momentos da miña vida sentirame perturbado por unha estraña atracción por algunhas mulleres como ela, e tamén me dera de conta de que elas tamén semellaban sentir algo por min. Nalgunhas ocasións habíamos chegado a establecer relacións físicas e naqueles momentos realmente cheguei a sentirme satisfeito de min mesmo. O sorriso, esa cousa tan parva, semellaba aflorar con asiduidade aos meus beizos. Non sei, pero, era iso o amor ?
Dubidara tanto !
Hoxe estaba só e podía satisfacer todos os vellos caprichos e instintos, que estando con ela non podía levar a cabo. Estábamos desolados e até agora nunca pensei antes de que as cousas podían acontecer para ben dos dous con tan só separarnos. Estaba claro que xa non a quería pero tampouco sabia como achegarme a ninguén mais sen saber que todos podíamos esperar o mesmo de cada un de nós, tamén sabia que o Sol seguiría saíndo todas as mañás en primavera polo mesmo sitio.
Dubidar, para saber e ter esperanza non era o último que podíamos perder pero tamén sabíamos que non chegaría a ocuparme mais da vida nin das necesidades de ninguén. Por fin descubrira o egoísmo como unha posibilidade de realización persoal. Si, seino, é moi doado rirse de todo o que aquí se di pero a realidade é que o meu non me importa en absoluto. Claro, o tempo segue pasando e as palabras flúen cada vez con máis precisión. Tamén me dou conta de que a sinceridade é o paraíso dos que non saben que facer cos seus pasos nin coas súas bágoas.
O espírito do tempo, a pegada necesaria, o amor, os beixos e os aloumiños son algo completamente diferente á ollada. Agora voltaba a saír, a pasear pola rúas do meu triste barrio cheo de desempregados. Pegadas sinistras da realidade e que nestes momentos eran pés que camiñaban descalzos, descarnándose. Nestes días, todos o malditos ladróns dos soños persoais vivían o seu particular mundo feliz. Si, o Agora desaparecera diluído entre ondas multicolores, agachadas tras os escaparates publicitarios da ilusión.
Quen sabia o que pasaría no futuro? Habería unha solución? Quen podería voltar a ser o líder que vendese o novo futuro? Despois de tantos enganos e de tantas mentiras, tantas traizóns e tantas palabras había que vivir coa cabeza en alto e ollando, non sei se cara o fronte pero desde entón sen perder a conta dos nosos pasos e sobredito asentandos na nosa própria realidade. Entón, ao mellor, abandonaríamos a mudez do ruído e quizais seriamos capaces de construír de novo os soños adecuados para cada momento e así poder seguir camiñando cara a nosa desaparición.