Xusto Mourin López
TEQU (ilustracións)
TEQU (ilustracións)
Miniatura do Codex Calixtinus |
Aquí comeza a terra dos galegos
Codex Calixtinus
O manuscrito iluminado do século XII coñecido como Codex Calixtinus foi roubado o día 5 de xullo do 2011 na catedral de Santiago de Compostela. O códice custodiado pola curia eclesial estaba depositado nunha cámara blindada que conserva as obras máis valiosas do arquivo catedralicio, propiedade do pobo galego.
A prensa e algúns historiadores españois apresuráronse en cualificar a noticia como "o roubo do século", "un dos libros máis importantes do mundo", "un documento de incalculábel valor económico, cultural, artístico, literario e lingüístico de España", etc, etc.
Xeneralizacións e meias verdades unha vez máis están a servir para ocultar o feito histórico que vertebra unha evidencia incuestionábel plasmada nas páxinas do Codex Calixtinus. Esta obra foi escrita coa intención de divulgar o momento cultural da rota xacobea, creación da sociedade galega medieval.
Miniatura do Codex Calixtinux |
Un precipitado de tempo
O Codex é un dos documentos conservados máis valiosos do século XII en toda Europa. Independentemente doutras consideracións de crítica histórica, para o pobo galego a importancia é capital, pois revela o papel preponderante de Galiza naquel tempo. A cidade de Compostela a cualifica como "excelsa cidade dó Apóstolo, ateigada de toda sorte de encantos, […] polo que está considerada como a máis ditosa e eminente das cidades de España" (refírese aos reinos cristiáns peninsulares). O autor ou autores di de nós que "Os Galegos seméllanse abondo nos costumes á nosa xente gala máis cós outros incultos pobos españois" e da nosa idiosincrasia… "pero son iracundos e moi preiteantes".
O manuscrito orixinal, ademais de ser unha guía física e espiritual, fala tamén dos lugares e dos hábitos da rota seguida por peregrinos, comerciantes e homes da cultura. Reúne máis de 200 pergamiños, con ilustracións, texto e partituras musicais que retratan unha época, unhas tradicións, uns costumes e unha maneira de entender o sagrado e o litúrxico, nun tempo onde a cultura se gardaba e se xeraba nos mosteiros, sendo a fe a única esperanza.
Para que atinxa unha maior notoriedade e repercusión, tal vez pola súa reputación e pola súa autoridade, a obra foi atribuída ao Papa Calixto II quen redixo tan só a introducción.
Aínda que ás veces se denomina ao Codex Calixtinus como Líber Sancti Iacobi, convén facer algunha aclaración. O Líber Sancti Iacobi é o contido do libro, do cal fixáronse varios manuscritos sendo o máis importante o coñecido como Codex Calixtinus gardado na catedral compostelá. A compilación do Líber Sancti Iacobi foi redixida en diferentes épocas e de forma independente, pudendo xa estar conformada o redor do ano 1140.
Miniatura dun Santiago nada guerreiro |
En Galiza, protagonista xa en toda a Europa medieval, dáse comezo a unha cultura, unha maneira de entender a vida e a tradición. Constitúe un referinte a partir da inventio da aparición dos restos do apóstolo Santiago, nun tempo de convivencia cultural que máis tarde se reconverterá en símbolo de enfrontamento bélico para fortalecer e impor a identidade cristiá en toda a península.
As distintas edicións do Codex mostran unha figura do apóstolo pouco coñecida, icono da cultura medieval, valida para atraer a Galiza non só aos peregrinos que encarnaban a antiga tradición do cristianismo, se non tamén aos comerciantes e homes doutras culturas, entre elas a árabe. Este Santiago galego nada terá que ver co que nos chegou até o presente como patrón de España, máximo expoñente do triunfo bélico e da imposición ideolóxica sobre o mundo musulmán. Fiel reflectido do espírito das cruzadas na súa versión peninsular, ao que se lle rende culto até a actualidade todos os 25 de xullo polas autoridades españolas. Neste mesmo día congréganse as organizacións políticas galegas para reivindicar ou Día dá Patria Galega, esquecida polos meios oficiais e privados do estado español. O Día dá Pátria ben puidese representar ao Santiago da tradición que reunía en torno á súa figura valores universais da cultura como meio emancipador e de diálogo entre os pobos.
Outro roubo sen resolver
Con anterioridade a catedral sófreo outros roubos de maior ou menor importancia, sen que en ningún caso o material subtraído fose atopado e restituído ao arquivo catedralicio. O máis importante do que se tivo noticia polo publicado na prensa do momento quizais foi o roubo de algúns obxectos gardados na Capela das Reliquias, na noite do 6 ao 7 de maio de 1906, sen que as circunstancias nunca fosen aclaradas, nin tampouco non as pezas recuperadas.

O roubo de 1906 na prensa de Santiago (na 2ª.) e Madrid (na 1ª) |
Os ladróns procederían serrando unhas grosas reixas nunha das xanelas que daban acceso á Capela das Reliquias. Sen embargo, a través do oco perpetrado foi imposíbel de entrar, pois non se atopara pegada algunha sobre o peitoril da xanela, detalle observado porque este permanecía cunha grosa capa de pó. Tamén e a pesar de que no lugar se gardaban importantes pezas de ouro e prata, soamente se subtraeron tres obxectos, o que indicaría que os ladróns traballaron por encargo.
O obxecto máis valioso roubado foi a cruz que o rei Afonso III doou á catedral compostelá no ano 874. Semella que os materiais empregados e o modelo do seu deseño se asemellaban á Cruz dos Anxos; unha lámina de ouro con filigranas e pedrería recubría a cruz de madeira de castiñeiro e posuía un broche de esmalte tabicado, reproducindo dúas aves brancas con manchas roxas enfrontadas. Da cruz tan só se conserva algún debuxo e unha fotografa de baixa calidade. Os outros dous obxectos subtraídos foron unha imaxe do apóstolo Santiago e un crucifixo de prata e pedrería, ambos do século XV. A única imaxe conservada da Cruz de Afonso III |
Resignación ou ponto final
Sen noticias do paradoiro do Codex até o presente, cada vez son menos os meios que se ocupan do roubo levado a cabo fai meses. Os que o fan, invocan á resignación tan utilizada cando de Galiza se trata, sinalando que a pesar da desaparición do orixinal aínda fica unha réplica exacta para que os especialistas podan seguir traballando e os visitantes do museo catedralicio podan apreciar.
¿Será verdade o que algunhas fontes sinalan acerca de a grande preocupación que existe dentro do Cabido e o Arcebispado e o desconcertados e afundidos que están pola perda do Códice Calixtino?.
Se xa o pobo español ten escasa conciencia do seu patrimonio cultural, artístico e histórico, ao situarnos en Galiza que non ten capacidade de decisión política própria para protexer e divulgar o seu patrimonio, esta falta de conciencia é total e absoluta.
A barbarie colonialista recóllena a diario tanto os meios do país como os comentarios de moitos cidadáns. Proba de iso, o escoitado á porta do Hospital Abente e Lago de A Coruña a unha señora que mercaba un cupón especial da ONCE conmemorativo do 800 Aniversario da Consagración da Catedral de Santiago de Compostela e que comentaba o suceso do roubo co vendedor: "Aos ladróns válelles todo, vírono por aí e collérono, o caso e facer mal. Para o que o quererían?".