Manoel Toural Quiroga
TEQU (ilustracións)
Manuel Curros Enríquez (1851-1908) viviu en Madrid dous períodos importantes da súa vida. O primeiro, do que nos imos a ocupar agora, vai desde 1866 até 1877, dos 15 aos 26 anos, e ao igual que moitos galegos fora da Galiza, tomará conciencia de seu imbricando a lingua na descrición social do país. Ao principio, Curros receberá influencias do krausismo e logo situarase dentro do pensamento positivista, común aos sectores progresistas da pequena burguesía intelectual á que sempre pertenceu. O segundo período madrileño transcorre desde 1883 a 1894, data na que emigra definitivamente a Cuba. Alá na Habana vivirá até a súa morte en 1908, con 56 anos.
No 2008 conmemorouse o centenario do seu pasamento. Non obstante, o profesor Francisco Rodríguez Sánchez, estudoso da figura de Curros, con razón denunciaba a escasa repercusión do acontecemento nos meios de comunicación: “Imaxinan vostés aos meios públicos de España, Inglaterra, Franza ou aos de Catalunya minusvalorando os centenarios de Cervantes ou García Lorca, Shakespeare ou Oscar Wilde, Molière ou Víctor Hugo, Ramón Llull ou Verdaguer?”.
Asín mesmo en 1892, o científico Xosé Rodríguez Carracido, no limiar á obra de Curros, O mestre de Santiago, escribía: "Inglaterra gabase chamándose a patria de Shakespeare e Newton, como Italia a de Dante e Galileo; Alemania busca os xermes da súa nacionalidade no poema dos Niebelungen; España no Romancero, e até Portugal [...] por ter producido a Camoens. Aprendede nestes feitos de someira observazón a respectar no seu valor substantivo os elementos perdurábeis de todo organismo social. Galiza poderá facer os deputados que lle praza [...] pero nunca o voto unánime das súas catro provincias formará un poeta nin un sabio [...], qué caciques son os capaces de producir a Pastor Díaz e a Rosalía, a Cornide e a Casiano de Prado?".
Algúns biógrafos de Curros, no intre de levar o cabo as súas investigacións, apontaron certos aspeitos que por mancanzas metodolóxicas non puideron desenrolar e que agora, á luz de novos dados, tal vez podamos precisar.
De Celanova a Madrid

En xuño de 1866 Curros desprazase a Madrid en dilixencia. Aínda non cumpriu os 15 anos. A viaxe ben puido ter sido costeada polo seu pai. Sabemos que o percorrido foi Ourense-Vigo-A Coruña-Madrid e que custou 550 reais. Acollérono os seus irmáns Antonio e Ricardo. Antonio o maior, vive no Bulevar Narváez (hoxe rúa Serrano) e Ricardo, na rúa Espírito Santo. O pai Xosé María, formaba parte da fidalguía celanovesa e aínda que desempeñaba un traballo equivalente ao de notario, a súa situación económica non debía de ser moi folgada, o que levaría aos irmáns maiores a emigrar. Iso si, recomendados aos moitos coñecidos que o pai tiña na capital, como o avogado millonario Modesto Fernández González.
Anque semellan certas as desavinzas que Curros tivo co seu pai, en realidade se foi a Madrid para continuar cos seus estudos de Bacharelato. Entón en Ourense aínda non existía ningún Instituto de Segundo Ensino, pois o primeiro sería inaugurado en 1880. Constaba o Bacharelato de 6 cursos, dividido en dúas partes, 2 e 4 anos respectivamente. A primeira parte cursouna en Celanova, ao mesmo tempo que axudaba ao seu pai como escribinte.
Rúa Espíritu Santo, 35 |
Mentres non comezan as clases vivirá na casa de Antonio. En setembro irase con Ricardo, á rúa Espírito Santo 35, próxima ao Instituto do Noviciado (Cardenal Cisneros), onde estudará. Esta rúa conta coa súa peculiar historia: xa existía no século XVI e nela vivían amontoados "mouriscos e xente de mal vivir". Na actualidade, o seu balconciño foi punto de encontro para a coñecida movida madrileña.
Os estudos
O Balconciño |
Os estudos
Recen comezado o curso 1868-69 as clases interrompéronse polo estalo revolucionario, retomándose a actividade académica un mes e poucos días despois coa deserción de boa parte do profesorado. Non embargantes, catedráticos como Nicolás Salmerón (1838-1908) da
Facultade de Filosofía e Letras, e Francisco Giner de los Ríos (1839-1915) da Facultade de Dereito e fundador da Institución Libre do Ensino, emprestáronse a impartir clases de balde no Instituto. Na Memoria deste curso constatase como feito sobresaínte o establecemento da Liberdade de Ensino, que consistía en deixar ao alumno a iniciativa para asistir ou non ás clases e permitirlle matricularse de calquera materia, pudendo simultanear os estudos do Instituto cos da Facultade. Ao profesor, en non seguir máis norma que o seu proprio criterio, sen necesidade de se cinguir a ningún programa. Outra novidade importante que resalta a Memoria é a de "instruír á clase obreira". Así impartíronse clases nocturnas promovidas por unha asociación de mozos de "singular formación e filantrópicas aspiracións". Entre eles atopase Curros, quen favorecido por este senario decide combinar os seus estudos de Bacharelato cos de Dereito, que nunca rematará.
En 1870 aproba o exame de grao de Bacharel en Artes. Un ano antes, o 5 de xuño de 1869 escrebe o seu primeiro poema en galego e segundo as súas palabras: “é a primeira poesía no dialeuto patrio [...] sobre o marxe da leucción X da Economía Política de Colmeiro…”
O matrimonio
Inst. Noviciado (Cardenal Cisneros) |
En 1870 aproba o exame de grao de Bacharel en Artes. Un ano antes, o 5 de xuño de 1869 escrebe o seu primeiro poema en galego e segundo as súas palabras: “é a primeira poesía no dialeuto patrio [...] sobre o marxe da leucción X da Economía Política de Colmeiro…”
O matrimonio
En abril de 1871 casase polo civil con Modesta Luísa Polonia Vázquez Rodríguez. Até o falecemento do seu irmán Antonio, o matrimonio vivirá no Bulevar Narváez e despois na pasaxe de Valdecilla 3, do bairro de Pozas xa desaparecido.
Un ano antes fora establecido o matrimonio civil, derrogado despois polo goberno de Cánovas en 1875. Dadas as circunstancias sociopolíticas, casaranse pola Igrexa en 1877. Aínda así, aproveitando as liberdades derivadas da proclamación da 1ª República (11 de febreiro de 1873), o seu primeiro fillo Adelardo que naceu en xuño dese ano non será baptizado, só será inscrito no Rexistro Civil. A parella terá 5 fillos máis. Estes feitos falan claro sobre o laicismo, que non laicidade de Curros. Da súa evolución posterior é ilustrativa a lectura do seu poema de 1885 Nihil (Nada).
Proclamación da 1ª República |
Ben é verdade que en 1870 Curros aparece rexistrado como evanxelista nun centro que se atopaba na rúa Madeira Baixa 8, próximo á súa morada de Espírito Santo. Posíbelmente fose por razóns económicas. Estes contactos algúns autores sitúanos en Londres. Moito se escribiu sobre a estancia de Curros nesta cidade, tanto os que a sitúan antes da súa chegada a Madrid como os que afirman que se produciu en 1870. Até o momento, non se puido referenciar este feito.
Na cadea
Nihil (Eco de Galicia, A Habana 1885) |
Na cadea
O Saladero |
O militarismo foi un dos trazos distintivos do século XIX. As guerras carlistas, as accións africanas ou o sol-pór imperial gozaban de actualidade case permanente. Fronte aos mecanismos impostos pola lexislación da época, que permitían eludir o sorteo ou o servizo militar aos que posuían suficientes meios económicos, para mercar un substituto ou redimirse en metálico (entre 2000 e 6000 reais), atopábanse as compañías privadas de seguros que se encargaban de xestionar estes pagos, afectando de forma directa ás clases meias e populares.
A diferenza entre "pobres" e "ricos" era dramática ao permitir que legalmente estes puidesen eludir a súa contribución. Artigos e poemas publicados na prensa progresista daqueles días recolleron o sentir de boa parte da sociedade. O Servizo Militar era obrigatorio e consistía en catro anos de servizo activo. Nos once meses que durou a 1ª República ficaría abolido.
Curros participa en todos estes acontecementos de diversas formas. Mediante a publicación de poemas antimilitaristas como A Guerra Civil, e coa decisión de non presentarse a filas en xuño de 1871, motivo polo que foi declarado prófugo e decretado o seu ingreso na cadea madrileña do Saladero. Alá permanecerá até meados de setembro cando intercede no seu favor o seu sogro, maxistrado na Audiencia Nacional. Non temos constancia que fose o pai quen o denunciase, pero si que se negase a emprestarlle axuda.

La Guerra Civil (Madrid 1874) |
A cadea do Saladero atopábase nun edificio construído en 1764 para matadoiro e salgazón de cochos e foi definida por Galdós como "cloaca inmunda". Nela convivían adultos e nenos aos que se chamaban micos. En Madrid abundaban estes vagamundos que vivían do que podían roubar. Neste centro tamén estiveron detidos o salteador galego, Mariano Salgueiro, compañeiro de andanzas do célebre Luis Candelas, políticos como Salmerón e o polifacético Eduardo Garrido (1821-1883), un dos primeiros libertarios que ingresado por terceira vez cadra dentro da cadea con Curros e entaboan amizade.
No Xornalismo
O primeiro traballo que asina Curros como xornalista son as 33 crónicas como correspondente da terceira Guerra Carlista. Envías dende o País Vasco ao xornal El Imparcial dentro da sección común a outras publicacións Cartas do Norte e que compartirá con outros compañeiros.

A derradeira Cartas del Norte, 1876 |
As colaboracións anteriores de Curros na prensa galega e española limítanse a poemas, e traballos non asinados como redactor da Gaceta de Madrid (equivalente ao BOE actual), dirixida polo matemático positivista Felipe Picatoste (1834-1892), compañeiro na loxa madrileña La Razón. Curros afiliouse á masonería en Madrid en 1870, sendo a súa primeira loxa La Luz.
O seu irmán Antonio, xornalista e redactor en Madrid do xornal El Español e en Pontevedra do El Adelanto, será quen introduza a Curros nos círculos da prensa madrileña. Tamén Eduardo Garrido será quen lle facilite a publicación do seu poema Ao dous de maio no xornal El Combate. Pero mórmente, será Modesto Fernández González quen verdadeiramente axudará aos irmáns nos seus primeiros pasos, quen buscará un emprego ao noso poeta no Concello de Madrid e quen convocará o Certame poético en Ourense que gañará Curros e que significará o seu primeiro retorno á Galiza.